Artes plásticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Minuteiro > agulla dos minutos.
Moedagalega (conversa | contribucións)
*dacordo > de acordo.
Liña 2:
 
== Conceptos en artes plásticas ==
=== Figura - fondo ===
A Lei da psicoloxía da forma, establece a tendencia a subdividir a totalidade dun campo de percepción en zonas máis articuladas, figuras, e outras fluídas e desorganizadas, que constitúen o fondo. Segundo esta lei, toda superficie rodeada tende a converterse en figura en tanto que a restante actuará como fondo. Wertheimer fixou, ademais, outras leis principais que determinan o fenómeno: todo obxecto sensible existe contra un fondo; a figura ten calidade de cousa, o fondo dá a impresión de que 'pasa' por detrás da figura; a figura é polo xeral o campo de menor tamaño; a cor é máis densa e compacta na figura que no fondo; tamén aquela presenta maior estabilidade, claridade e precisión, e aparece sempre máis preto do espectador. Todo o da figura lémbrase mellor.
 
Liña 13:
É unha relación de medidas harmónicas entre as partes compoñentes dun todo, tanto como a distancia harmoniosa entre parte e parte. Estas relacións de medida son atopadas no mundo orgánico e inorgánico. Pero tales relacións matemáticas non se expresan de maneira mecánica, a relación existe pero as formas exhiben unha serie de pequenas variacións dentro da relación xeral, o que contribúe á beleza e á vitalidade.
 
Razóns numéricas ou xeométricas de distinta índole que emerxeron de investigacións sobre a natureza foron aplicadas á arte, sempre na persecución dunha unidade harmónica, os diversos rectángulos, pentágonos, as divisións internas dos mesmos etc.; tanto como nos diversos canons de medida aplicados á figura humana para obter beleza, por exemplo os canons de sete ou oito cabezas fan á proporción. O recurso da forma regular foi tido en conta, aínda fronte á influencia distorsionante da perspectiva, é así que dacordode acordo con [[Marco Vitruvio|Vitrubio]] os gregos ensanchaban a parte superior da columna, respecto da inferior e en relación ó aumento de altura para manter a proporción cando esta entrase visualmente na converxencia de perspectiva. Todo isto tiña como finalidade salvar a beleza da obra.
 
=== Punto ===