Tesouro de Lima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
Liña 7:
En agosto de 1821, o cerco da cidade parece inminente. Polo norte avanza o xeneral [[Simón Bolívar]], polo sur o xera [[José de San Martín]], que atravesara os [[Andes]] e polo mar, ao leste da cidade, situábase a armada [[chile]]na comandada polo británico [[Thomas Cochrane|lord Cochrane]]. Ante a inmediatez da perda da cidade o [[vicerrei]] de Perú, así coma o gobernador e mailo [[bispo]] de Lima, decidiron evacuar o tesouro da [[catedral de Lima|catedral]]. Os contidos de semellante tesouro non son comprobábeis facilmente e están suxeitos a unha doada esaxeración. Porén, parece que entre eles se atopaban algúns fragmentos da Cruz de [[Xesucristo]], así como unha estatua, de [[ouro]] macizo e a tamaño natural, dunha [[Virxe María]] co fillo en brazos.
 
Estas riquezas leváronse en burro ata o porto do [[O Callao|Callao]], a oito quilómetros de Lima, e alí encomendáronllos ao comerciante británico [[William Thompson (pirata)|William Thompson]], que lles merecía toda confianza. As ordes eran que se fixera co seu barco, o ''Mary Dear'' áao mar levando o tesouro de Lima, e que agardase a ver o que acontecía na cidade. Se Lima caía, debía poñer proa a [[Panamá]], daquela [[porto franco]]. Se resistía e vencía, debía volver á cidade.
 
O que sucedeu a partir de agora é unha incógnita: os soldados que custodiaban o tesouro e mais uns frades que os acompañaban resultaron asasinados por toda ou parte da tripulación. Presumibelmente o capitán poría proa cara a [[Coco, Costa Rica|Illa do Coco]], onde soterraría o tesouro, volvería cara a Lima, e queimaría a nave a unhas millas da costa. O dato certo é que regresou sen nave e asegurando que unha treboada fixera naufragar o ''Mary Dear''. O vicerrei de Perú, [[José de la Serna e Hinojosa]] mandou axustizar a tripulación, e deixou unicamente vivos o capitán e o segundo, para que o conducisen ata onde estaba soterrado o tesouro. Foron á Illa do Coco, pero logo de desembarcaren o capitán e o segundo fuxiron á [[selva]] e deixaron perdidas as tropas españolas. As tropas españolas marcharon e aínda volveron dúas veces á procura dos británicos, sen éxito. Uns meses despois, os dous fuxidos fanse pasar por náufragos e conseguen que un barco, que se detivera alí para repostar auga, os levase cara a terra firme.