Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m referencia para a data do accidente do Casón
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
Liña 11:
Ás 8 da tarde embarrancaba preto da praia do Rostro, na contorna da Punta do Castelo<ref>Esta punta mariña recibe o nome de "Punta do Castelo" por atoparse nas inmediacións do [[Castromiñán|castelo ou castro de Castromiñán]].</ref>. sospeitouse que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español ''Remolcanosa 5'', despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate<ref>''El País'', 1.03.1989 [http://elpais.com/diario/1989/03/01/espana/604710006_850215.html] fíxose eco dun informe elaborado por unha comisión parlamentaria presidida por Joaquín Ruíz Giménez. O xornal dicía que "''El informe recoge la sospecha de que el buque fue dejado a la deriva por falta de interés en evitarlo, de suerte que la recompensa por el salvamento sería 10 veces mayor si el barco embarrancaba. O sea, que lo embarrancaron voluntariamente''".</ref>.
 
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. O xefe de máquinas advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6<ref>Teñen esta categoría as materias que, en cantidade relativamente pequenas, por inhalación, contacto ou inxestión, poden danar a saúde humana ou casar a morte. Moitas delas desprenden gases tóxicos se lles afecta un incendio ou se quentan suficientemente.</ref>. O feito de que os mariñeiros saltaran áao mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Todo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas se sucedan as asembleas populares pero non serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos. O gobernador civil da Coruña, Andrés Moreno Aguilar, insistía en que a situación estaba controlada pero, simultaneamente, a [[Consellería de Educación]] ordenaba suspender as clases nos colexios da zona.
 
A mesma falta de información sobre as características da carga e sobre as causas do incendio afecta tamén ás autoridades, que non teñen elementos para adoptar decisións sobre o rescate. O que publican os medios, moitas veces contraditorio, tamén colabora fomentar a confusión e a desconfianza entre os veciños.