Batalla das Dunas (1639): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
Liña 55:
 
=== Encontro cos holandeses no Canal da Mancha ===
O 31 de agosto fanse áao mar, deixando aos transportes ingleses navegar soltos, a vangarda formábaa a escuadra de Dunkerque, como expertos do [[Canal da Mancha]].
 
As frotas francesas, inferiores en número, non presentaron ningunha resistencia e refuxiáronse nos portos,<ref name=AlcalaZamora/> na canle atopábase á espera o almirante holandés [[Maarten Harpertszoon Tromp]], con 13 naves, que atacou a frota hispánica o avístarse as escuadras en augas inglesas, á altura de [[Beachy Head]], o 15 de setembro<ref name=ce/> pola noite, coa táctica de combate en liña e canóns de alta cadencia<ref name=AlcalaZamora/> e ao amencer do 16 xa con 6 naves adicionais, Oquendo intenta abordar á capitá holandesa, non conseguíndoo e recibindo a cambio numerosos canonazos, que deixaron a súa nave case desarmada e con 43 mortos e outros tantos feridos. Ao longo do día establécense escaramuzas, co único resultado da voadura dunha nave holandesa. O combate segue o 17, entre escaramuzas e combate artilleiro, sen permitir os holandeses que os españois se acheguen a tiro de arcabuz.
Liña 75:
O 20 de outubro Oquendo leva un mes fondeado na rada das Dunas, cando chegan os primeiros subministros de pólvora, este é escaso, e repárteo entre os galeóns.
 
Tromp ten noticias diso, e decide atacar antes de que os españois se rearmen completamente, polo que expón ao almirante inglés que foi atacado polos españois e que, polo tanto, procede a atacarlles. Lanza os seus brulotes sobre a escuadra fondeada, pero os españois pican amarras e fanse áao mar. Entre a confusión producida polos brulotes e unha espesa borraxeira, só conseguen saír da rada 21 buques para enfrontarse a máis de 100 holandeses. Os demais varan nos bancos de area e a costa dos Downs.
 
Tromp lanza tres [[brulote]]s contra a capitá de Oquendo. Este consegue desembarazarse dos tres, pero un deles engánchase na proa do [[galeón]] ''Santa Teresa''<ref name=santateresa/>, de Lope de Hoces, que lle seguía e que se perde envolvido en chamas.