Atol Bora Bora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
Liña 29:
'''Bora Bora''' é un atol de 30 km² no grupo das [[Illas de Sotavento, Illas da Sociedade|Illas de Sotavento]] na parte occidental das [[Illas da Sociedade]] na [[Polinesia Francesa]], unha [[colectividade de ultramar]] de Francia no [[Océano Pacífico]]. A illa, situada a uns 230 km. ao noroeste de [[Papeete]], está rodeada por un lago e unha [[arrecife de coral|Barreira de Coral]]. No centro da illa atopanse os restos dun [[volcán extinto]] con dous picos, o monte Pahia e o monte Otemanu, o punto máis alto con 727 m..
 
Bora Bora é un importante destino turístico internacional, famosa polos seus resorts de luxo. O asentamento máis importante, [[Vaitape]], está no lado occidental da illa principal, fronte á canle principal na [[lagoa]]. Os produtos da illa limítase principalmente ao que pode ser obtido dado mar e as abundantes árbores de [[coco]], que historicamente tiñan gran importancia económica pola [[copra]]. De acordo co censo de 2007, Bora Bora ten unha poboación permanente de 8.880 habitantes.
 
== Nome ==
Liña 40:
Os polinesios instaláronse probablemente o [[século IV]]. O antigo nome de Vava'u suxire que proviñan do arquipélago do mesmo nome nas [[Tonga]].Foi avistada polo neerlandés [[Jacob Roggeveen]] en [[1722]], e logo polo francés [[Louis Antoine de Bougainville]] e explorada polo inglés [[James Cook]] desembarcou nela en [[1770]]. O español [[Domingo Boenechea]], o [[1775]], chamouna''San Pedro''. Os habitantes guerreiros eran temidos nas illas veciñas, e os seus xefes mantiveron a independencia ata a anexión por [[Francia]] en [[1881]]. Antes, en [[1842]], estableceuse o protectorado francés.
 
A [[Sociedade Misionera de Londres]] chegou en 1820 e fundou unha [[Protestantismo|igrexa protestante]] en 1890. Bora Bora foi un [[Reino de Bora Bora|reino independente]] ata 1888 cando a súa última raíña [[Teriimaevarua III]] viuse obrigado a abdicar polos franceses que se anexionó a illa como unha colonia.
 
Na [[Segunda Guerra Mundial]] a illa foi elixida polos norteamericanos como base de subministración do Pacífico sur. En [[1942]] desembarcáronse 5.000 soldados, superando a poboación insular, e construíron un aeroportono Motu Mate, defensas de artillería e depósitos de combustible. Non se produciu ningún combate en Bora Bora, e a base foi pechada en 1946 ante as queixas pola presenza norteamericana. Algúns soldados tiveron que ser repatriados á forza. O aeroporto militar foi o único aeroporto internacional da Polinesia Francesa ata a construción do de Faa'a en Tahití en 1962.