Abrir o menú principal

Cambios

Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
==Turismo==
[[Ficheiro:Ciutadella Catedral.JPG|miniatura|[[Catedral de Ciutadella]].]]
'''Porto natural'''. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da [[tramontana]]. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado ''[[rissaga]]'', polo cal primeiro o nivel dado mar perde altura e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con [[Mallorca]] e [[Barcelona]], mediante liñas regulares das empresas [[Iscomar]] e [[Balearia]], respectivamente. Recentemente se instalou un dique un pouco antes da bocana do porto, o cal permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique, ao estar en mar aberto, permite evitar a ''rissaga'', aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento por que este dique non protexe abondo fronte a algúns ventos.
 
'''Rúas típicas'''. Ciutadella caracterízase tamén polas súas angostas rúas, con nomes curiosos como ''Que no passa'' (en galego, "Que non pasa") ou ''Ses Voltes'' ("As [[Arcada]]s") que empezan na ''Plaça Nova'' ou ''Plaça Espanya'' ("Praza Nova" ou "Praza España") e rematan na [[Catedral de Santa María de Ciutadella|Catedral de Ciutadella]]; máis alá, en dirección ao Concello, está a Plaça des Born, dende onde se divisa o mencionado porto e onde se ergue un obelisco en conmemoración ao asalto turco do 9 de xullo de 1558 protagonizado polo almirante da frota otomán [[Pialí Bajá|Pialí]].
16.522

edicións