Historia do islam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
 
==As primeiras conquistas==
A expansión ocorreu baixo os catro primeiros califa, [[Abu Bakr]] (632-634),[[Umar ibn al -Khattab]] (634-644), [[Utmán]](644-656) e [[Alí]] (656-660).
En Siria e Palestina todo comezou como prolongacións de [[raídes]] locais, co apoio de [[gassanís]]. A benignidade das capitulacións e o respecto aos [[dimnís]] ou protexidos cristiáns e xudeus contribúe a explicar a facilidade da submisión. A conquista de [[Mesopotamia]] foi máis dura, fronte a un [[Imperio Sasánida]] en descomposición. En Mesopotamia e [[Persia]], os árabes non se instalaron en cidades, senón que conservaron os seus acampamentos ou [[amsar]].
A terceira área de expansión foi [[Exipto]], onde os árabes conseguiron unha conquista rapidísima. Utmán relanzou a expansión cara ao [[Jurasán]] iranio, cara ao norte de [[África]], e ata por mar, pois hai unha primeira expedición a [[Chipre]] ([[649]]), utlizando medios navais sirios, pero axiña se acadaron os primeiros límites ou fronteiras: [[Asia Central]], o [[Cáucaso]], o[[ Taurus]] e o deserto da [[Cirenaica.]]