Parque Nacional de Cabañeros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Bandera_de_la_Diputación_de_Toledo.svg" por "Bandera_de_la_provincia_de_Toledo.svg" segundo o ordenou [[commo...
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "aguia".
Liña 19:
Constituíuse como parque nacional o [[20 de novembro]] de [[1995]], sendo o segundo de [[Castela-A Mancha]] despois do das [[Parque Nacional das Tablas de Daimiel|Tablas de Daimiel]]. En [[1988]] xa fora declarado [[parque natural]] polo [[Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha]].
 
O parque alberga unha das mellores representacións españolas de [[bosque mediterráneo]], tanto polo seu elevado grao de conservación, como pola representatividade dos distintos sistemas ecolóxicos asociados. Entre os seus principais valores naturais están os bosques e matogueiras mediterráneos, algúns enclaves relícticos de vexetación atlántica, [[Bosque de ribeira|bosques de ribeira]], turberas e herbais, coa flora e fauna asociada a cada uns destes ecosistemas, entre as que se atopan algunhas especies en perigo de extinción como oa [[aguia imperial]].
 
Debe o seu nome ás chozas utilizadas tradicionalmente por pastores e carboeiros como refuxio temporal dos seus labores no campo. Estas cabanas de forma cónica teitábanse utilizando vexetación da contorna e eran usadas polos poboadores dos [[Montes de Toledo]].