Historia da India: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero do topónimo "Asia". Outros arranxos lingüísticos e de ligazón interna.
Liña 10:
Restos humanoides indican que a India foi poboada nun período que oscila entre 200.000 e 700.000 anos. Estímase que os primeiros poboadores humanos se estableceron no subcontinente hai 12.000 anos; os primeiros poboados confirmados data de fai 9.000 anos e atópanse en Bhimbetka, no actual territorio do estado de [[Madhya Pradesh]].
 
== ÉraEra neolítica ==
 
A cultura [[neolítico|neolítica]] do sur de [[Asia]] comezou aproximadamente cara a 7.000 anos a.C no que hoxe é [[Baluchistán]], [[Paquistán]] e é coñecida como a cultura [[Mehgarh]]. Esta comunidade era principalmente [[pastor]]a e vivía en casas de barro, tecían cestas e atendían aos seus rabaños de cabras e aos seus cultivos. Ao redor de 1550 a.C, apareceu a elaboración de vasillas e outros obxectos. Esta cultura desapareceu fai uns 2.000 anos.
 
== ÉraEra do bronce ==
 
=== O val do Indo ===
Liña 27:
Estudos [[Arqueoloxía|arqueolóxicos]] suxiren que as civilizacións do val do Indo dependían dos solos de aluvión dos ríos, o cal producía alto rendementos nas colleitas de cereais, grans e outros. Para o ano 2700 a.C a presenza dun Estado organizado é evidente, con regras xerárquicas e obras públicas de maior envergadura. A mediados do segundo milenio a.C, a rexión do val dos ríos, onde estaban sitos as dúas terceiras partes dos poboados atopados, desecáronse e os poboados foron abandonados.
 
== ÉraEra védica ==
 
A civilización [[Veda|védica]] é unha cultura Indo-Ariana descrita en textos [[linguas indoeuropeas|indoeuropeos]] compostos en [[sánscrito]] Védico. A orixe desta cultura non está aínda ben coñecida, pero si se sabe que orixinalmente era unha sociedade pastoral que se converteu posteriormente, nunha sociedade agrícola composta de catro ''[[varna]]s'' ou clases.
Liña 68:
A dinastía Shunga foi establecida no ano 185 a.C, 50 anos logo da morte de Ashoka, cando o rei Brihadratha, o último da dinastía Maurya, foi brutalmente asasinado polo xefe das forzas militares, Pusyamitra Shunga, o cal ascendeu ao trono.
 
== Os Reinos Medios (éraera Douradadourada) ==
 
Os Reinos Medios, particularmente os asociados coa dinastía [[Imperio Gupta|Gupta]], son tamén coñecidos como a Era Dourada da India, dado que foi unha época de desenvolvemento cultural incomparable. Os [[Kushana]]s invadiron o noroeste da India na metade do [[século I]] desde oa [[Asia Central]] e fundaron un imperio que se estendía desde Peshawar á metade do Ganxes e posiblemente ata a [[Baía de Bengala]]. Tamén incluía Bactria (no norte de Afganistán e sur de [[TayiskistánTaxiquistán|Taxisquistán]]). O seu poderío chegou a estenderse polo [[Turquestán]] e axudaron a propagaren o budismo na [[China]]. Na India varios reinos xurdiron. O máis antigo é o reino de Pandy ao sur de [[Tamil Nadu]], sendo a capital Madurai. Os reinos Indo-Gregos que xurdiron após a conquista de Alexandre o Magno, gobernaron Gandhara desde o ano 180 a.C ao [[10]] d.C. Por aquel entón, o reino de Dravinian Pandyan, ao sur da India, comezou a tomar forma.
 
==== O imperio Satavahana ====
Liña 79:
{{Artigo principal|Imperio Kushan}}
 
O imperio Kushan, que reinou durante o período do primeiro ao terceiro século d.C., estendeuse desde o [[Tadxiquistán]]Taxiquistán ata o mar [[Caspio]] e do Afganistán ata o val do río Ganges. O imperio foi creado por [[tocarios]] no que é hoxe Turquestán Leste na China, pero era culturalmente dominado pola India do norte. Tiña contactos diplomáticos con Roma, a Persia e maila China e por varios séculos estivo no centro do comercio entre o Leste e o Oeste, expandindo o budismo a través da China.
 
==== Dinastía Gupta ====
Liña 89:
A orixe desta dinastía non está ben coñecida, aínda que o viaxeiro chinés I'tsing fala deste imperio, así como os Puranas Védicos tamén fan referencia a el. O imperio chegou á súa fin despois do ataque dos Hunos do Centro de Asia. Uns descendentes menores do clan Gupta seguiron gobernando Magadha logo da desintegración do imperio. Estes Guptas foron finalmente derrocados polo rei Vardhana Harsha, que estableceu a mediados do [[século VII]] un imperio que rivalizou co dos Guptas, malia que foi de curta duración.
 
== Últimos Reinos Medios - éra(era clásica) ==
[[Ficheiro:StandingBuddha.jpg|miniatura|dereita|Buddha, século V Utar Pradesh, Mathura, período Gupta (Século IV - V)]]
 
Liña 143:
[[Ficheiro:India1760_1905.jpg|miniatura|Extensión da Confederación Maratha no [[1760]] ]]
 
Os xefes tribais de [[Maratha]] estaban ao servizo dos sultáns de Bijapur ao oeste de Deccan na época en que estaban asediados polos mogoles. Shivaji Bhonsle ([[1627]]-[[1680|80]]), un feroz combatente recoñecido coma o "pai da nación [[Maratha]]" aproveitou este conflito e estableceu o seu principado preto de Pune, que posteriormente se convertería na capital de Maratha. Adoptando tácticas [[Guerrilla|guerrilleiras]], atacaba as caravanas para incrementar o seu poder en diñeiro, armas e cabalos. Shivaji atacou con éxito a enclaves mogoles, incluíndo o porto de Surat. En [[1674]] asumiu o título de ''Señor do Universo'' nunha pomposa coroación, a cal sinalou a súa determinación de retar ao poderío mogol, do mesmo maneira que restablecer o reino hindú en Maharashtra, de onde era orixinario. Aurangzeb pelexou tenazmente aos sucesores de Shivaji entre [[1681]] e [[1705]], mais temporalmente retrocedeu ao norte da India cando as súas finanzas comezaron a verse afectadas por esta loita e os miles de mortos ocasionados pola guerra e outras calamidades. No [[1717]] un emisario mogol asinou un tratado cos Marathas outorgándolles o dominio sobre Deccan a cambio do recoñecemento do reino Mogol e a remisión de certos impostos anuais. Con todo, deseguido os [[Marathas]] capturaron Malwa, Orissa e Bangala do dominio Mogol. O sur da India tamén caeu so poder dos [[Marathas]]. O recoñecemento do seu poder político finalmente ocorreu cando o emperador mogol lles invitou a que actuasen coma auxiliares dos asuntos internos do imperio, así como solicitou a súa axuda para sacar aos afgáns do Punxab.
 
Os Maratha a pesar do seu poderío militar non estaban equipados para administraren unha nación, nin para introduciren cambios socioeconómicos. As características deste reino era o pillaxe, o cal espavoreceu aos campesiños. Paulatinamente comezou a debilitarse o seu poderío e foron derrotados polos afgáns na sanguenta batalla de Panipat no [[1761]]. Isto deu orixe a unha división do reino en cinco Estados independentes. Finalmente os Marathas sucumbiron ás forzas británicas na guerra Anglo-Maratha.
Liña 153:
== Época europea ==
 
A procura da riqueza e o poder atraeu aos europeos ás costas da India. En [[1498]], [[Vasco deda Gama]], o navegante portugués chegou a [[Calicut]] (actualmente Kozhikode, [[Kerala]]) na costa occidental. Na procura de especias e conversos ao cristianismo, os portugueses retaron a supremacía árabe no Mar de Arabia e no [[golfo Pérsico]]. No 1510 os portugueses apoderáronse de Goa, cidade que se converteu no centro do seu poder comercial e político na India e que controlaron durante de catro séculos e medio.
 
A competencia entre as nacións europeas ocasionou a fundación de compañías de comercio en [[Inglaterra]] (A East India Company, fundada no [[1600]]) e nos [[Países Baixos]] (Verenigde Oos-Indische Compagnie - Compañía Unida do Leste de India - fundada no [[1602]]). Estas compañías tiñan como misión capturaren para si o comercio das especias, rompendo o monopolio portugués na Asia. Malia que os holandeses, con maior capital e soporte do seu goberno, se adiantaron e nun primeiro momento excluíron aos ingleses do comercio das especias nas Indias Orientais, principalmente no que é hoxe Indonesia, ambas as dúas compañías estableceron a súa presenza ao longo da costa de India. Xa no [[1609]] os holandeses usaron varios portos na Costa Coromandel ao sur da India, especialmente Pulicat, a 20;[[quilómetro|km]] ao norte de Madras, onde comerciaron con escravos para as súas plantacións en Indonesia e con algodón para as súas fábricas de teas.