Historia do islam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
 
A relixión islámica bebe das mesmas fontes que a xudaica e cristiá, pois pensan que [[Abraham]] foi o primeiro enviado de [[Deus]] ou profeta, e Mahoma o último dos grandes profetas, entre os que tamén se cita a [[Cristo]] e [[Moisés]]. Os musulmáns cren na reeencarnación, o xuízo final, os anxos, e ata nos textos sagrados anteriores ao [[Corán]](que é o seu libro sagrado), incluíndo a [[Biblia]] Cristiá e a [[Torá]] Xudaica.
 
Era esta unha relixión [[abrahamánica]] e monoteísta, pero que non abrumaba con esixencias éticas aos crentes: profesión de fe, oración (cinco veces ao día, mirando á Meca), xaxún (no mes do [[Ramadán]]), esmola e peregrinación á Meca (polo menos unha vez na vida). A [[jihad]] ou ''guerra santa'' era un deber xénérico de contribuír á expansión da fe. Ademais, tiñan o precepto da axuda mutua entre os crentes, coa prohibición de todo afán de lucro. A súa relixión permitía a [[poligamia]], podendo ter os homes tantas mulleres como puidesen manter. Este réxime subordinaba por completo a muller aos intereses dos homes da súa familia: primeiro do seu pai; despois, do seu marido; e, se enviuvaba, dos seus fillos varóns.