Wassily Kandinsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Liña 58:
A partir da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución de Outubro]] do ano [[1917]], Kandinsky desenvolve un traballo administrativo para o Comisariado do Pobo para a Educación; entre os proxectos deste organismo está a reforma do sistema educativo das escolas de arte. En [[1920]] foi un dos fundadores en Moscova do INKhUK (Instituto para a Cultura Artística), ó longo dese ano xurdiu o conflito entre Kandinsky, [[Kasimir Malevitch|Malevitch]] e outros pintores idealistas fronte ós [[produtivismo|produtivistas]] (ou [[Construtivismo (arte)|construtivistas]]), [[Vladimir Tatlin]] e [[Alexander Rodchenko]]. Este último grupo atopou un forte apoio no "plan de propaganda monumental", ideado polas autoridades políticas da Revolución. A situación de tensión propiciou a saída de Kandinsky de Rusia.
 
En [[1922]] trasládase a [[República de Weimar|Weimar]] ([[Alemaña]]), onde imparte clases teóricas para a [[Bauhaus|Escola da Bauhaus]]. En [[1926]] publícase o seu libro ''Punto e liña sobre o plano. Contribución á análise dos elementos pictóricos'', unha continuación orgánica do seu traballo anterior ''Do espiritual nona arte''. Permanecerá na [[Bauhaus]] ata o ano [[1933]] cando o [[Terceiro Reich]] clausura a institución.
 
Dende 1933 establécese en [[París]], onde continuará a súa carreira como artista ata a súa morte no ano [[1944]].