Historia do islam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
A terceira área de expansión foi [[Exipto]], onde os árabes conseguiron unha conquista rapidísima. Utmán relanzou a expansión cara ao [[Jurasán]] iranio, cara ao norte de [[África]], e ata por mar, pois hai unha primeira expedición a [[Chipre]] ([[649]]), utlizando medios navais sirios, pero axiña se acadaron os primeiros límites ou fronteiras: [[Asia Central]], o [[Cáucaso]], o[[ Taurus]] e o deserto da [[Cirenaica.]]
A estas vitorias contribuíu a actitude dos invadidos e a situación interna dos antigos imperios, pois había un esgotamento común de bizantinos e persas. A capitulación negocia semellaba preferíbel á resistencia a ultranza. Influíu, tamén, a superioridade militar dos invasores, que utilizaba a mobilidade fronte a procedementos estáticos de defensa. Non había un afán de proselitismo intenso, e os conversos acudían á comunidade islámica na situación inferior de clientes ([[mawali]]) dalgunha tribo árabe. As poboacións sometidas, mentres non islamizasen, continuaban co seu anterior réxime administrativo e tributario, e os seus notábeis colaboraban cos árabes para mantelo.
 
=A evolución política do Islam=
Os partidarios de Alí, formaran a [[Siha]], ou facción dos [[sihítas]]. Alí houbo de soportar a presión dos [[omeias]], morrendo asasinado no [[660]].
==Os Omeias==
Eran terratenentes.Foron eles os grandes conquistadores e forxadores do Imperio Islámico. O primeiro gobernador foi [[Muawiya]], quen reafirmou a autoridade do [[califa]], a pesar a oposición dos sihítas e [[abbasís]].
O réxime omeia baseouse case exclusivamente no predominio árabe. A supremacía árabe era patente, conservando, ademais, as identidades tribais.
A continuidade das conquistas foi un medio de aliviar a presión da oposición. Baixo os omeias produciuse unh segunda expansión, que lle facilitaba ingresos ao Califato, e constituían unha saída para as aspiracións de poder de determinados grupos. Os períodos de calma interior coinciden co desenvolvemento de empresas exteriores.
O fracaso do asedio a [[Constantinopla]]([[717]]), a detención da conquista en [[Hispania]] e o sur de [[Francia]] ([[722]]-[[732]]) e a fin do avance na Asia Central marcaron o final da gran expansión do Islam Clásico. Os distintos elementos da oposición confluíron en torno ao movemento abbasí, desembocando nunha revolta que estalou no [[746]], alcanzou [[Kufa]] no [[749]] e conseguíu a derrota e fin da dinastía omeia, no [[750]].
==Os Abbasís==