Historia do islam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
=Causas das conquistas=
O Estado Islámico, no inicio da súa expansión fóra de Arabia, acabou co monopolio exercido ata entón por [[Bizancio]]. Os motivos que propiciaron a gran expansión islámica foron os seguintes:
-*FACTORES RELIXIOSO-ECONÓMICOS:No plano relixioso, puidéronse superar as división tribais existentes e conseguir a unión de todos os musulmáns. No plano económico, a expansión en busca de terras que permitisen a subsistencia e a superación das insuficiencias e a pobreza acumulada no solar arábigo.
*A EXISTENCIA DE GRANDES XEFES MILITARES, capaces de impoñer a súa autoridade.
*ERA UNHA OCASIÓN PROPICIA, pois bizantinos e persas pasaban por dificultades políticas, e non foron capaces de apreciar a forza do nacente Islamismo.
=As primeiras conquistas=
A expansión ocorreu baixo os catro primeiros califa, [[Abu Bakr]] (632-634),[[ Umar]] (634-644), [[Utmán]](644-656) e [[Alí]] (656-660).
En Siria e Palestina todo comezou como prolongacións de [[raídes]] locais, co apoio de [[gassanís]]. A benignidade das capitulacións e o respecto aos [[dimnís]] ou protexidos cristiáns e xudeus contribúe a explicar a facilidade da submisión. A conquista de [[Mesopotamia]] foi máis dura, fronte a un [[Imperio Sasánida]] en descomposición. En Mesopotamia e [[Persia]], os árabes non se instalaron en cidades, senón que conservaron os seus acampamentos ou [[amsar]].
A terceira área de expansión foi [[Exipto]], onde os árabes conseguiron unha conquista rapidísima. Utmán relanzou a expansión cara ao [[Jurasán]] iranio, cara ao norte de [[África]], e ata por mar, pois hai unha primeira expedición a [[Chipre]] ([[649]]), utlizando medios navais sirios, pero axiña se acadaron os primeiros límites ou fronteiras: [[Asia Central]], o [[Cáucaso]], o[[ Taurus]] e o deserto da [[Cirenaica.]]
A estas vitorias contribuíu a actitude dos invadidos e a situación interna dos antigos imperios, pois había un esgotamento común de bizantinos e persas. A capitulación negocia semellaba preferíbel á resistencia a ultranza. Influíu, tamén, a superioridade militar dos invasores, que utilizaba a mobilidade fronte a procedementos estáticos de defensa. Non había un afán de proselitismo intenso, e os conversos acudían á comunidade islámica na situación inferior de clientes ([[mawali]]) dalgunha tribo árabe. As poboacións sometidas, mentres non islamizasen, continuaban co seu anterior réxime administrativo e tributario, e os seus notábeis colaboraban cos árabes para mantelo.