Megalitismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos de formato
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''megalitismo''' é un período da [[prehistoria]] caracterizado pola construción de monumentos e arquitecturas a base de grandes pedras sen labrar chamados [[megálito]]s. Estes monumentos inclúen os [[dolmen]]s ou [[anta]]s e os [[menhir]]es ou pedrafitas (pedras fincadas soas, aliñadas ou en círculo).
 
== Historia e características ==
O megalitismo é un fenómeno amplamente estendido que aparece a mediados ou finais do [[Neolítico]] e conclúe, igual ca este, co descubrimento dos metais e a aparición da [[Idade de Bronce]]. Vai, polo tanto, do VI milenio antes de Cristo até finais do III milenio. A aparición da agricultura no Neolítico, propiciou a [[sedentario|sedentarización]] das poboacións, que á súa vez comportou unha vinculación maior co territorio que habitaban e traballaban. As [[mámoa]]s cumprían, ademais dunha finalidade funeraria, a función de delimitadoras dos espazos das comunidades humanas.