Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "eclipse". Ligazón interna.
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
O territorio da antiga Grecia distribúese entre unha serie de penínsulas e unha gran diversidade de illas cun litoral recortado e o interior moi montañoso que dificultan as comunicacións.
 
O [[ÉpiroEpiro]]. a [[Iliria]] e a [[Reino de Macedonia|Macedonia]] son as rexións máis ao '''norte''', as menos [[helenización|helenizadas]], que os gregos do sur consideraban semibárbaras. Na fronteira de [[Tesalia]] e [[Pieria]] álzase o [[Monte Olimpo, Grecia|monte Olimpo]], con 2.918 m, máxima altura da Grecia e no seu cumio tiñan os deuses a súa morada. Entre Tesalia e o Epiro atópase o macizo do [[Pindo]], e marca a divisoria entre as bacías [[Mar Exeo|exea]] e xónica.
 
Fronte ás costas da '''Grecia Central''' atópanse as illas de [[Léucade]], [[Ítaca]], [[Cefalonia]], [[Zacinto]] e outras máis cativas. Aquí sitúase o [[monte Parnaso]], de case 2.500 m. A rexión da [[Ática]], onde se atopa [[Atenas]], é moi variada, xa que é ao mesmo tempo continental e marítima, montañosa e chá. Esa variedade traduciuse na Antigüidade nunha riqueza de recursos que pulou a expansión dos atenienses. Nas súas terras chás ([[Maratón, Grecia|Maratón]], [[Eleusis]], Val de [[Cefiso]]) medraban o [[trigo]], a [[vide]] e o [[oliveira]] (a famosa triloxía mediterránea) e as súas montañas pechaban reservas minerais como no [[monte Pentélico]] con [[mármore]] o no [[Laurio]] con [[chumbo]] [[arxentífero]]. Os portos naturais achegaban o comercio exterior. En xeral, a fachada exea é fría no inverno pero cálida no verán.