Serra da Enciña da Lastra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
== Xeoloxía ==
Os terreos de natureza [[calcaria]], moi restrinxidos a nivel galego, atópanse principalmente na serra da da Enciña da Lastra onde forman unha unidade coas áreas veciñas do [[Bierzo]], que se inclúe xeográficamente na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Trátase do dominio da denominada calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo e natureza recifal, estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada.(ref) Debido á súa natureza, estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período [[ordovícico]], testemuñas dunha época en que esta zona se encontraba somerxida baixo o mar. A área é altamente singular no ámbito galego, desde os puntos de vista xeomorfolóxico, ecolóxico e paisaxístico, polo gran desenvolvemento, extensión e pendente que alcanzan os cortados calcarios, que chegan a superar os 200 m de altura e teñen a súa mellor representación no '''estreito do Covas''', na '''pena Falcoeira''' e nos '''penedos de Oulego'''. Así mesmo, aquí atópase o mellor exemplo de morfoloxía [[Carso|cárstica]] de Galicia, albergando a maior rede de covas e simas da Comunidade Autónoma, entre as que destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro. Por outra parte, a parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. A este nivel, son elementos xeomorfolóxicos relevantes os conos de dexección e os depósitos detríticos de lousas, cuarcitas e calcarias, presentes en Covas e no seu contorno. A elevada singularidade do espazo natural foi tida en conta polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito [[Silúrico|presilúrico]] de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
 
== Flora e fauna ==