Serra da Enciña da Lastra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
As formas rexistradas no bUSCatermos son "cárstico" e "cársico" e non "cárcastico".
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
== Flora e fauna ==
No parque natural áchanse unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. A situación xeral da serra da Enciña da Lastra atópase bioxeograficamente na [[conca do Mediterráneo|rexión mediterránea]], limitando coa [[rexión eurosiberiana]] (rexión na que se encadra a meirande parte de Galicia), e adscríbese cronoloxicamente ao subsector berciano do sector ourensán-sanabrés, pertencente á provincia carpetano-ibérico-leonesa. Os fondos do [[val]] correspóndense co [[mesomediterráneo|piso mesomediterráneo]], caracterizado pola presenza de bosques de esclerófilos, como as [[aciñeira]]is, cuxos elementos se entremesturan cos do [[supramediterráneo|piso supramediterráneo]] nos cumios da serra nos que priman os bosques de coníferas ou de especies marcescentes, como as quercíneas ([[aciñeira]] (—''Quercus ilex)''—, [[acivro]] (—''Ilex aquifolium)''— e [[sobreira]] (—''Quercus suber'').
 
=== Flora ===
Liña 37:
De moi especial significación son as comunidades ligadas a rochedos calcarios, e en particular a asociación de caméfitos propia de paredóns verticais, nas que a cantidade de endemismos, algúns de distribución moi reducida, é moi alta, incluíndo a ''[[Campanula adsurgens]], [[Crepis albida subsp. asturica]], [[Festuca burnatii]], [[Leontodon farinosus]], [[Petrocoptis grandiflora]]''. Tamén relacionados con solos calcarios, posúen igualmente unha gran relevancia as tomiñeiras de ''[[Thymus zygis]]'', propias do subsector berciano e únicas en Galicia, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de [[Oulego, Oulego, Rubiá|Oulego]], [[Rubiá]]. Estas comunidades son o hábitat de ''[[Armeria rothmaleri]]'' e ''[[Dianthus merinoi]]'', tamén endémicas de ámbito reducido.
[[Ficheiro:Castanea sativa.001 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|miniatura|dereita|Exemplar de [[castiñeiro]] nun souto do parque]]
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os [[aciñeira]]is de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia. Están caracterizados pola aciñeira. E o [[érbedo]] acompañados por arbustos mediterráneos como ''[[Genista hystrix]]'', o [[aderno de folla estreita]] (''[[Phillyrea angustifolia]]'') ou o [[Terebinto|escornacabras]] (''[[Pistacia terebinthus]]''), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola [[sobreira]], a [[abeleira]], e o [[cancereixo]], e en cuxos claros aparecen a [[lavanda]] e diferentes especies de [[xara]]s. Tamén característicos da zona son os espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que cabe significar diferentes especies de [[cerdeira]]s, [[abruñeiro]]s, [[Terebinto|escornacabras]], [[estripeiro]]s, [[Rosa canina|roseiras bravas]] e [[Silva (botánica)|silvas]].
 
Presentan tamén un grande interese os [[salgueiro|salgueirais riparios]], que, a pesar de se atoparen limitados pola influencia do encoro de Penarrubia, se corresponden cunha asociación propia do tramo do Sil a cabalo das provincias de [[provincia de Ourense]] e [[provincia de León]], na que se dá unha gran variedade de salgueiros, acompañados polo [[lodoeiro]], o [[freixo]] e o [[Amieiro|ameneiro]]. Pola súa parte, os vellos [[Souto (botánica)|soutos]] de [[castiñeiro]]s contan cunha notable extensión e están ben implantados nos arredores de aldeas, como en Oulego, [[Covas, Rubiá|Covas]], [[Biobra, Rubiá|Biobra]] ou [[Pardollán, Rubiá|Pardollán]], conservando exemplares centenarios.