Historia de Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 422:
Porén, Franco, sen alterar a súa declaración de non belixerancia,<ref>Expresión que implica unha ''falsa neutralidad'', isto é, unha ''neutralidade'' favorecedora dun dos bandos.</ref> consecuentemete seguiu prestando apoio a Alemaña. Os submarinos alemáns utilizaron os portos españois, especialmente os galegos, como base para as súas reparacións e avituallamento, o que lles permitía estender o seu raio de acción. Tamén os avións da ''[[Luftwaffe]]'' utilizaron os aeroportos españois cos mesmos fins, quedando demostrado polo [[ONU|Consello de Seguridade das Nacións Unidas]] que operaron desde eles en misións contra a frota aliada.<ref>Os aparatos alemáns eran reparados en aeroportos españois, e aos alemáns se lles permitía a inspección dos aparatos aliados que nalgún caso se viran obrigados a aterrar en solo español. A espionaxe e a sabotaxe alemán contra albos aliados en España folon facilitadas polas autoridades españolas. Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo. ISBN 84-253-2498-X, páxs. 448-449.</ref> E en xuño de [[1941]], tras unha belixerante campaña de prensa, creouse a [[División Azul]], que loitaría canda Alemaña na fronte rusa até [[1944]].
 
Coa evolución da guerra, ante a inminente derrota do Eixe, a primeira evolución do [[franquismo]] foi a súa "desfascistización". En [[1943]] a Delegación Nacional de Propaganda daba instrucións moi concretas: "Como norma xeral deberá terse en cota a seguinte: en ningún caso, baixo ningún pretexto, tanto en artigos de colaboración coma en editoriais e comentarios [...], farase referencia a textos, idearios ou exemplos estranxeiros ao referirse ás características e fundamentos políticos do noso movemento. O Estado español aséntase exclusivamente sobre principios, normas políticas e bases filosóficas estritamente nacionais".<ref>Díaz-Plaja, Fernando (1976): ''La España franquista en sus documentos.'' Barcelona: Editorial [[Plaza & Janés]]. páxs. 139-140.</ref> Aínda que non cesou a colaboración, o Réxime foi afastándose paulatinamente do Eixe e, coa caída do [[Terceiro Reich]], enviáronse directrices para que a derrota se vise como un triunfo do Réxime xa que España, segundo ditas directrices, se mantivera afastada da guerra e sempre estivera preocupada pola paz.<ref>Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo, páx. 237.</ref> No plano internacional, Franco iniciaría en outono de 1944 unha operación de cosmética política que daría ao Réxime unha fachada máis aceptábel, e o 3 de novembro Franco declararía á axencia ''United Press'' que España nunca fora nazi ou fascista.
 
En [[1945]], a [[ONU]], acabada de crear, rexeitou o ingreso de España e recomendou aos seus membros a retirada dos embaixadores en 1946: "Non hai lugar nas Nacións Unidas para un goberno fundado sobre principios fascistas".<ref>Roosevelt ao embaixador en España Norman Armour. Fusi, Juan Pablo (1985): ''Franco''. Madrid: Ediciones El País, páx. 96.</ref> Só a Arxentina de [[Juan Domingo Perón|Perón]] firmou un tratado de relacións comerciais en xaneiro de 1947, ratificado coa visita de Evita, a Primeira Dama, en xuño do mesmo ano. Pero esta situación terminou, en parte, durante a [[Guerra Fría]], cando as necesidades xeoestratéxicas dos Estados Unidos fixéronlle colaborar con España. Estados Unidos intentou incluír a España na [[OTAN]], pero ante a oposición dos países europeos, principalmente do Reino Unido, reconduciu a súa estratexia, que acabaría coa firma dun tratado bilateral. En [[1950]] a ONU revoga a súa resolución de 1946 para a retirada de embaixadores, pero é especialmente a partir da firma do pacto de [[1953]] con EE.UU., o ingreso na ONU en [[1955]] e a posterior visita do presidente [[Dwight D. Eisenhower]] a Franco en [[1959]], para establecer bases militares estadounidenses en España, cando se produce unha maior apertura internacional do réxime franquista.