Plateresco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4238301 de 93.156.208.253 (conversa)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:University of Salamanca.jpg|thumb|right|200px|Fachada da Universidade de Salamanca (España).]]
 
'''Plateresco'''<ref>Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>, tamén chamado de '''gótico plateresco''', '''Protorrenacenza''', '''estilo Isabel''', '''estilo Reis Católicos''' (estes dous últimos en referencia á súa primera fase) e '''estilo Príncipe Filipe''' (referido á súa fase renacentista), , é un estilo [[arte|artístico]], especialmente [[arquitectura|arquitectónico]], que se desenvolveu en [[Imperio español|España e nos seus territorios]] no [[século XVI]], caracterizado pola fusión de elementos [[Arquitectura gótica|góticos]], [[mudéxar]]es e [[Renacemento|renacentistas]] e pola elaboración e minuciosidade das súas obras<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1162665&sinom=0 Definición no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>. Apareceu entre o último [[Gótico tardío|gótico]] e a [[Renacemento|Rencenza]], xa a finais do [[século XV]], estendéndose durante os dous séculos a seguir.
 
Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas [[mudéxar]]es, do [[Gótico flamíxero|gótico flamexante]] e [[Arquitectura románica]] [[Lombardía|lombarda]], así como temperáns elementos renacentistas de orixe [[toscana]].
Liña 9:
Exemplos son a inclusión de escudos e [[pináculo]]s, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de [[Carlos I de España|Carlos I]],<ref name="arellano">Arellano, Fernando; ''El arte hispanoamericano'', pp 13-14. Ed. Universidad Católica Andrés ([[1988]]). ISBN 978-980-244-017-7.</ref> especialmente en [[Salamanca]], aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da [[península Ibérica]] como [[León, España|León]] e [[Burgos]] e no territorio de [[Nova España]] que hoxe é [[México]].<ref name="arellano" /> Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza<ref name="marias">Marías, Fernando; ''El siglo XVI: Gótico y Renacimiento'', p. 24. Ed. Silex Ediciones ([[2002]]). ISBN 978-84-7737-037-6.</ref> e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En [[Galicia]] salienta o [[Hospital Real de Santiago de Compostela]] na [[Praza do Obradoiro]], hoxe Hostal dos Reis Católicos.
 
O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, [[festón]]s, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.<ref name="arellano" /> A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo.<ref name="bendala">Bendala Galán, Manuel; ''Manual del arte español'', p. 416. Ed. Silex Ediciones ([[2003]]). ISBN 978-84-7737-099-4.</ref>En [[Nova España]] o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.<ref name="arellano" /> Tamén pode falarse dun estilo plateresco en [[Italia]] ("''Barroco de [[Lecce]]''").
 
No [[século XIX]], co pulo dos [[Arquitectura historicista|historicismos]], a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de [[estilo Monterrey]] e estilo español.<ref name="bendala739">Bendala Galán, Manuel; ''Manual del arte español'', p. 739. Ed. Silex Ediciones ([[2003]]). ISBN 978-84-7737-099-4.</ref>