Paixón de Cristo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Liña 1:
[[Ficheiro:Agony in the Garden.jpg|thumb|''A oración do Horto das Oliveiras'', de [[Andrea Mantegna]] (ca. 1450).]]
[[Ficheiro:LaCartujaDeMiraflores20121007173555SAM 1598.jpg|thumb|''Prendemento de Xesús'' no [[retablo maior]] da [[Cartuxa de Miraflores]] (Burgos, ca. 1500).]]
'''Paixón de Cristo''' ou '''de Xesús''' é a denominación convencional utilizada para englobar os [[evanxeo|episodios evanxélicos]] que narran os sucesos protagonizados por [[Xesucristo]] entre a [[A Última Cea|Última Cea]] e [[crucifixión de Xesús|a súa crucifixión]] e [[Morte de Xesús|morte]] (o ciclo narrativo pode deterse aí -comprendendo aproximadamente unha noite e o día seguinte- ou continuarse con [[enterro de Cristo|o seu enterro]] e [[Resurrección de Xesús|resurrección]], ao terceiro día -o cómputo cronolóxico foi historicamente obxecto de debate-). Tamén é o [[tema artístico|tema]] máis utilizado nona [[arte cristiá]].
 
A palabra galega "paixón" provén da [[latín|latina]] ''passĭo, -ōnis'', sendo esta un calco da [[lingua grega|grega]] πάθος (''pathos'').<ref>{{DRAG|Paixón}}</ref> Fai referencia aos [[sufrimento]]s de Cristo, entre os que se inclúen: a traizón dun dos seus discípulos ([[Xudas Iscariote]]) e a negación doutro ([[Simón Pedro|san Pedro]]), a oración do horto (aceptación tráxica do seu destino mentres os apóstolos, durmidos, deixábanlle só no [[Horto das Oliveiras]] -''Xetsemaní''-), o seu [[prendemento de Xesús|prendemento]] (tras ser sinalado co "[[bico de Xudas]]" e renunciar a que os seus discípulos defendésenlle), o seu periplo xudicial entre [[Anás]], [[Caifás]], [[Pilatos]] e [[Herodes]] (o [[xuízo de Cristo]], cos seus interrogatorios e enigmáticas respostas), no transcurso do cal prodúcense diversos episodios de burlas e torturas a cargo dos [[saións]] ([[Cristo na columna]], [[coroación de espiñas]], os chamados "[[improperios]]"), a presentación á multitude (''[[Ecce Homo]]''), a alternativa presentada a elección popular (salvar a Cristo ou a [[Barrabás]]), a súa condena a matar co "lavado de mans" de Pilatos, o ''[[Via Crucis]]'' (o camiño, cargado coa cruz, atravesando [[Xerusalén]] -pola actualmente chamada ''[[Vía Dolorosa]]''- ata o [[monte Calvario]] -''Gólgota''-, con varias caídas -debe ser axudado por [[Simón de Cirene]]- e encontros -con [[Verónica (santa)|Verónica]], que lle seca o rostro, con [[Virxe María|a súa nai]], coas [[mulleres de Xerusalén]]-), o [[Expolio de Cristo|expolio]] (ser desposuído das súas roupas), e a [[crucifixión de Xesús|crucifixión]] entre dous ladróns ([[Dimas e Xestas]]).