Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Liña 191:
O [[matemático]] francés [[Henri Poincaré]] (1854-1912) dixo: {{Cita|O científico non estuda a natureza porque é útil, senón porque con ela se deleita, e deléitase porque é fermosa. Se a natureza non fose fermosa, non pagaría a pena coñecela, e se non pagase a pena coñecela, tampouco pagaría a pena vivir. Sen dúbida, non me refiro aquí á beleza que estimula os sentidos, a das calidades e as aparencias; non é que a infravalore, en absoluto, senón que esta non ten nada que facer coa ciencia. Refírome á beleza máis profunda, a que procede da orde harmoniosa das partes e que unha intelixencia pura pode captar}}
 
Unha idea clásica da beleza na arte involucra a palabra "[[mímese]]", é dicir, a imitación da natureza. No dominio das ideas sobre a beleza da natureza, o que é perfecto evoca a [[simetría]], a división exacta e outras fórmulas e nocións [[matemáticas]] perfectas. O artista inspírase, pois, na perfección natural e intenta reproducila nas súas obras (polo menos na arte figurativofigurativa).
 
== Materia e enerxía ==