Palacio da Moncloa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do xénero da palabra "arte".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Liña 16:
* [[Adolfo Suárez]] , o seu primeiro inquilino da democracia española, mandou construír unha pista de [[tenis]], arranxar a piscina e encher a residencia de teléfonos.
* [[Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo]], ademais de eliminar todos os aparellos telefónicos e buscar un lugar preferente para o seu piano, habilitou a terceira planta con novas habitacións para os seus fillos, e quitou todos os cinciros que había na residencia.
* [[Felipe González]] e [[Carmen Romero]] apenas tocaron a casa. [[Felipe González]] dicía que era coma un ''pazo de nata montada con toques de purpurina''. Construíu a uns pasos da residencia un pequeno pavillón funcional onde se celebran os Consellos de Ministros todos os venres, así coma reunións informais de traballo ou encontros oficiais, e onde traballan a diario o Presidente e o seu equipo máis directo, nun contorno decorativo máis moderno e práctico, adornado con numerosos cadros de Miró e algunhas outras obras de arte modernomoderna. Deste modo, González prescindiu de feito das dependencias funcionais da Presidencia no Pazo, que quedou reducido á función cotiá de residencia presidencial. Deste xeito, o antigo salón do Consello de Ministos recuperou a súa función de comedor principal, e se crearon novas estancias, coma o Salón de Columnas, localizado no patio principal do Pazo, que se cubriu a tal efecto. Adaptada a vivenda, González dedicouse con especial coidado ó xardín. Á parte da súa coñecida afección ós [[bonsái]]s e ás pedras talladas de [[Estremadura]], cultivou unha pequena horta e, máis amplamente, implantou e cultivou belas especies vexetais que viñeron a complementar o conxunto dos xardíns do Pazo, coñecidos xa pola súa discreta elegancia.
* [[José María Aznar]], unha vez instalado, reformou e actualizou o uso residencial da segunda planta do Pazo, e mandou construír unha pista de [[padel]] e pintar todas as habitacións. Habilitou no terceiro andar unha sala de xogos para os seus fillos.[[Ana Botella]] sentenciou: "É inhabitable para unha familia normal".
* [[José Luis Rodríguez Zapatero]]. A reforma máis radical veu de mans de [[Sonsoles Espinosa]], muller do Presidente do Goberno, quen, pouco conforme co aspecto das estancias, recorreu a coñecidos decoradores que lle recomendaron substituír por completo o mobiliario por modernos e mobles de deseño actual. O resultado foi un ambiente ecléctico no que se conxugan as estancias orixinais dun contorno pacego e institucional, cunha decoración moi moderna e escollida, en tons grises e brancos e, en definitiva, un ambiente de estilo internacional ou [[Bauhaus]] acomodado nun vello palacete neoclásico. Por último introducíronse numerosas obras de arte contemporánea e escultóricas, pero manténdose os mobles e obxectos singulares do conxunto clásico orixinal, do que cabe destacar a vella mesa de despacho do Xeneral [[Ramón María Narváez|Narváez]], regalada por [[Juan Carlos I]] a [[Adolfo Suárez]].