Diferenzas entre revisións de «María I de Inglaterra»

m
→‎Reinado: Eduardo VI de Inglaterra
m (→‎Reinado: espazo)
m (→‎Reinado: Eduardo VI de Inglaterra)
María e Filipe casaron o [[25 de xullo]] de [[1554]] na [[Catedral de Winchester]]. Nos termos do contrato, Filipe pasou a ser designado como Rei de Inglaterra. O seu casamento cun herdeiro estranxeiro e católico marcou a fin da popularidade da raíña entre os ingleses, orgullosos da súa independencia. María, porén, ficou extremadamente feliz coa súa unión con Filipe II, once anos máis novo ca ela. No mes de novembro de [[1554]], pensou que quedara embarazada, descubríndose máis tarde que fora un embarazo psicolóxico. Despois de pasar catorce meses en Inglaterra, Filipe decidiu volver a España baixo un falso pretexto; xa que, ao contrario que María, el non tiña interese ningún nela.
 
A raíña entón adicouse ao seu proxecto persoal de reverter a ruptura con [[Roma]] establecida polo seu pai e o establecemento do [[protestantismo]] establecido polo seu irmán [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]]. [[Reginald Pole]], un cardeal católico, foi nomeado conselleiro persoal e Arcebispo da [[Canterbury]]. Xuntos aboliron as reformas relixiosas de Eduardo VI e deron comezo ao que hoxe en día se coñece como as [[persecucións marianas]]. Nos tres anos seguintes preto de 300 persoas foron queimadas na fogueira por herexía incluíndo a [[Thomas Cranmer]] (ex Arcebispo da Canterbury), [[Nicholas Ridley]] (ex-bispo de [[Londres]]) e o reformista [[Hugh Latimer]]. Estes actos, dos cales María non foi a única responsable moral, valéronlle o alcume de ''Bloody Mary'' e o aumento da súa impopularidade entre os ingleses. Nos vindeiros reinados, a súa memoria foi vilipendiada, en parte pola propaganda relixiosa protestante. [[John Foxe]] escribiu un libro titulado ''The Actes and Monuments of these latter and perilous Dayes, touching matters of the Church, wherein are comprehended and described the great Persecution and horrible Troubles that have been wrought and practised by the Romishe Prelates, Epeciallye in this Realme of England and Scotland, from the yeare of our Lorde a thousande to the time now present'', abreviadamente ''The Book of Martyrs'', onde basicamente transformaba a María nunha vilá, a pesar de que a súa irmá Isabel, máis tarde equilibrou a balanza das persecucións en favor dos protestantes.
 
Filipe volveu a Inglaterra en [[1557]], despois de ter herdado a coroa de España e o control dos [[Países Baixos]] trala abdicación do seu pai, co obxectivo de convencer a María para entrar nunha guerra contra Francia. María concordou, a pesar da forte obxección popular. Como resultado da guerra, as tropas inglesas foron derrotadas, perdendo Inglaterra a posesión de [[Calais]], a derradeira reliquia das posesións continentais inglesas, que en tempos incluían a [[Normandía]] e a [[Aquitania]]. Como resultado da volta de Filipe, María volveu a sufrir un embarazo psicolóxico, chegando a ditar no seu testamento onde Filipe era nomeado rexente de Inglaterra mentres a criatura non nacese.
105.565

edicións