Diferenzas entre revisións de «Cataluña do Norte»

m
→‎Historia: Luís XIII de Francia
Sem resumo de edição
m (→‎Historia: Luís XIII de Francia)
A orixe da [[Casa de Barcelona]], que tras entroncar coa casa real [[Reino de Aragón|aragonesa]] chegaría a reinar sobre toda a [[Coroa de Aragón]], iniciouse nesta zona. [[Guilfredo o Velloso]] (Guilfredo I de Barcelona), o primeiro [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona]] que obtivo o dereito de legar lexitimamente os condados aos seus fillos, era natural do pobo de Rià (antigamente Arrià), situado na vila de [[Prades]] (''Prada de Conflent'' en [[lingua catalá|catalán]]), capital histórica do [[condado do Conflent]].
 
No marco da [[Guerra dos Trinta Anos]], o malestar que xeraba na sociedade catalá a presenza de tropas, fundamentalmente castelás, provoca a sublevación dos campesiños inicialmente contra os terzos e os funcionarios reais para logo xeralizarse contra todos os facendados e nobres situados preto da administración. Finalmente derivou nunha revolta de empobrecidos campesiños contra a nobreza e ricos das cidades que tamén foron atacados. Conscientes da súa incapacidade de reducir a revolta e as súas limitacións para dirixir un estado independente, a oligarquía catalá alíase co inimigo de Felipe IV: [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]]
 
Tras a firma da [[Paz de Westfalia]] tamén coñecida coma os Tratados de Münster e Osnabrück que recoñecían as [[Provincias Unidas|Provincias Unidas Holandesas]] e a [[Suíza|Confederación Suíza]]. O [[tratado dos Pireneos]] pon fin ao conflito entre a coroa española e francesa, concertándose a Francia a cesión entre outros do condado do Rosselló e unha parte do da Cerdanya, todos eles situados na vertente setentrional dos Pireneos e que as tropas francesas ocuparan en apoio dos sublevados cataláns.
109.514

edicións