Mesrop Mashtots: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
San '''Mesrop Mashtots''' (tamén '''Mesrob'''), nado en Hatsik no ano [[360]] e falecido en Vagharshapat o [[17 de febreiro]] de [[440]], foi un [[monxe]], [[Teoloxía|teólogo]] e [[Lingüística|lingüista]] [[Armeniapobo armenio|armenio]]. É coñecido por ser o inventor do [[alfabeto armenio]], que foi un paso fundamental para o fortalecemento da Igrexa Apostólica Armenia, o goberno do [[Reino de Armenia]], e para a unión entre falantes da [[lingua armenia]] dos Reinos Armenio, [[Imperio bizantino|Bizantino]] e [[Imperio persa|Persa]]. É honrado pola Igrexa Arménica Apostólica, pola Arménica Católica e pola [[catolicismo|Católica Romana]]. Foi tamén compositor de música litúrxica, sendo algúns traballos que se lle atribuen: Megha Qez Ter, Voghormea indz Astvats, Ankanim Aadgi Qo e Voghormea (himnos de arrepentimento).
 
== Vida ==
Liña 9:
 
[[Ficheiro:Mesrop1776t.jpg|thumb|left|190px|Ilustración de Mesrop Mashtots nun manuscrito de 1776.]]
No caso de Mesrop Mashtots, co apoio do príncipe Shampith, adicouse a predicar os [[Evanxeo]]s no distrito de Golthn preto do río Araxes, convertendo a moitos "[[Herexía|herexes]]" e "[[Paganismo|pagáns]]". Con todo, pasou grandes dificultades xa que os [[pobo armenio|armenios]] non tiñan alfabeto propio: utilizaban as [[alfabeto grego|escrituras grega]], [[Lingua iraniana|persa]] e [[alfabeto sirio|siria]], mais ningunha era adecuada para representar correctamente os numerosos sons da súa lingua nativa. Consideraba que os textos sagrados e a liturxia, escritas en sirio, resultaban para moitos ilexibles, polo que había unha constante necesidade de tradutores e intérpretes.
 
Desexoso de corrixir a situación, Mesrop decidiu inventar un alfabeto nacional, para o cal o rei Vramshapuh e Isaac prometeron asistilo. Resulta difícil determinar exactamente que rol tivo Mesrop Mashtots na creación do novo alfabeto. De acordo cos seus biógrafos armenios, consultou a Daniel, un bispo de [[Mesopotamia]], e a Rufinus, un monxe de Samosata e coa súa axuda puido darlle unha forma definitiva, que probablemente adaptou do grego. Outros, como Lenormant, pensan que foi derivado do Zend. O alfabeto de Mesrob consiste en trinta e seis letras, outras dúas (o O longo e o F) foron agregadas durante o século XII.