Cadwallon ap Cadfan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Reino de Northumbria
Liña 5:
Segundo [[Geoffrey de Monmouth]], na súa ''[[Historia Regum Britanniae]]'', Cadwallon foi a [[Irlanda]] e posteriormente á illa de [[Guernsey]]. Desde aquí conduciu un exército ata [[Dumnonia]], que venceu a [[Penda de Mercia|Penda]] de [[Mercia]] en [[Exeter]], e o forzou a formar unha alianza. [[Geoffrey de Monmouth|Geoffrey]] tamén menciona o feito de que Cadwallon casou cunha media irmá de [[Penda]]<ref>Geoffrey of Monmouth, ''The History of the Kings of Britain'', Part Eight: "The Saxon Domination."</ref>. Desta unión nacería o seu fillo, Cadwalar "Fendigaid" ap Cadwallon.
 
[[Penda]] e Cadwallon loitaron contra Northumbria e na [[Batalla de Hatfield Chase]], o [[12 de outubro]] de [[633]], venceron e mataron a [[Edwin de Northumbria|Edwin]] e o seu fillo Osfrith<ref name="Hatfield">Beda, ''H. E.'', Libro II, capítulo 20.</ref>. Como resultado, o [[reino de [[Northumbria]] sumiuse no caos, quedando dividido nos reinos de [[Deira]] e [[Bernicia]],<ref name="Osric">Beda, ''H. E.'', [http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book3.html Libro III], capítulo 1.</ref> pero a guerra continuou; de acordo coa [[Crónica Anglosaxoa]], "Cadwallon e Penda marcharon sobre todas as terras de Northumbria".<ref>''Crónica Anglosaxoa'', manuscrito E, anor 633. Traducido ao inglés moderno por Michael Swanton (1996, 1998).</ref> Segundo [[Beda]], Cadwallon foi cercado polo novo rei de [[Deira]], [[Osric de Deira|Osric]], "nunha cidade forte"; Cadwallon, en cambio, "rompeu o cerco repentinamente e, por sorpresa, logrou vencer e destruír a [[Osric de Deira|Osric]] e o seu exército". Tras iso, de acordo con [[Beda]], Cadwallon gobernou sobre "as provincias de [[Reino de Northumbria|Northumbria]]" durante un ano, "non como un rei vitorioso, senón como un tirano voraz e sanguinario."<ref name="Osric"/> Ademais, [[Beda]] dinos que Cadwallon, "aínda que se consideraba a si mesmo [[cristianismo|cristián]], foi tan bárbaro nas súas disposicións e comportamento que non respectou nin ás mulleres nin a inocencia dos nenos, aos que someteu cunha crueldade salvaxe a mortes horríbeis, devastou o país durante longo tempo e dispúxose a exterminar a raza dos [[anglos]] dentro dos límites de [[Britania]]"<ref name="Hatfield"/>.
 
O novo rei de [[Bernicia]], [[Eanfrith de Bernicia|Eanfrith]], foi tamén asasinado por Cadwallon cando acudiu ao seu encontro para negociar a paz.
Liña 12:
 
Segundo as ''[[Tríades galesas]]'', o seu bardo tería sido [[Afan Ferddig]].
 
== Notas ==
{{listaref}}