Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Cronoloxicamente anterior, pero non difundido ata o traballo de Bopp foi o do [[Dinamarca|danés]] [[Rasmus Christian Rask]], ''Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse'' (redactado no [[1814]], publicado en [[1818]]). Os resultados de Rask son en gran parte semellantes aos de Bopp; porén, o diverso camiño seguido polos dous estudosos (Bopp era orientalista, Rask xermanista) levou aos dous traballos a solucións complementarias: se a Bopp lle debemos a identificación das correspondencias sistemáticas dos sistemas morfolóxicos, a Rask vai o mérito de ter identificado análogas correspondencias no campo da [[fonética]]<ref name=villar />.
 
Con Bopp e Rask establecéronse os fundamentos da indoeuropeística. Grazas ao [[método comparativo]], situado entre os instrumentos máis rigorosos e dignos de confianza ao dispor das ciencias humanas, foi inmediatamente posíbel identificar como membros da familia lingüística indoeuropea o grego, o latín, as linguas xermánicas e as [[linguas indoiranias]]; a pertenza ao grupo das [[linguas célticas]], sostida por Rask e posta como hipótese desde os momentos pioneiros da indoeuropeística, foi demostrada definitivamente por Bopp no [[1838]], cando o lingüista alemán puidera xa, grazas ao desenvolvemento contemporáneo das respectivas filoloxías, incluír no elenco sen dúbida tamén as [[linguas bálticas]] e as [[linguas eslavas]]. Tamén foi Bopp que recoñeceu a indoeuropeidade da [[lingua albanesa]], mentres a da [[Lingualingua armenia]] como rama propia, particularmente problemática a causa da extrema evolución do material lingüístico indoeuropeo orixinario, non chegou ata o [[1875]] grazas a [[Heinrich Hübschmann]]<ref name=watkins />.
==== Reconstrución ====
{{Ver tamén|Fonoloxía do indoeuropeo|Morfoloxía do indoeuropeo|Neogramáticos}}