Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 77:
 
== Historia ==
Estímase que os primeiros poboados en Abkhazia remóntanse ao IV milenio adC. Estas primeiras tribos de orixe aria (coñecidas polos arqueólogos como proto-kartvelianos), arribarían á rexión durante o [[Neolítico]], asentándose nas costas do Mar Negro. Establecéronse xunto a outras liñaxes, as cales posteriormente evolucionarían ata converterse nos [[apsuas]], [[chechenos]], [[daguestaníes]], [[pobo armenio|armenios]] e [[arameos]].
 
Desde o II milenio adC, Abkhazia foi arrasada por invasións de pobos provenientes das estepas de [[Asia Central]], como os [[hititas]], [[celtas]], [[medos]] e [[persas]]. Por eses anos, os proto-kartvelianos formaron tres grupos étnicos ben diferenciados: os [[svans]], os [[zans]] e os [[kartvelianos]] orientais. Mentres os svans permaneceron en Abkhazia, os kartvelianos asentáronse no centro da actual Xeorxia, e os zans distribuíronse na provincia de [[Samegrelo]] e ao longo das costas do Mar Negro, ata as inmediacións de [[Turquía]].
Liña 105:
=== Reino de Xeorxia ===
[[Ficheiro:Georgia-DavidIV.jpg|thumb|upright|Rei [[David IV de Xeorgia]]]]
Desde mediados do [[século XI]], o [[Reino de Xeorxia]] foi arrasado polas invasións dos turcos selxúcidas. As forzas combinadas de [[pobo armenio|armenios]], bizantinos e xeorxianos foron esmagadas polos invasores islámicos na batalla de Manzikert, en 1071, o que permitiu que ao 1081 a maior parte do Reino de Xeorxia fose conquistada e devastada polos selxúcidas. Só Abkhazia se mantivo libre da invasión e serviu como refuxio aos xeorxianos que fuxían da catástrofe. Á vez, o caos no que se atopaba o país provocou o xurdimento de ideais secesionistas en [[Svania]] que levaron a ataques en contra de Abkhazia. Aínda que o rei Xurxo II logrou sufocar a rebelión, a presión exercida ao tratar de manter unificado ao país, motivou a súa abdicación en [[1089]].
 
O seu sucesor, David IV, logrou manexar as invasións dos árabes. Durante a [[Primeira Cruzada]] e usando a Abkhazia como o seu centro de operacións, David o Restaurador logrou recuperar parte de Xeorxia, ata que finalmente derrotou aos selyúcidas na batalla de Didgori, o 12 de agosto de 1121. Durante o seu reinado, David IV logrou establecer a Xeorxia como unha potencia rexional e iniciou a Idade Dourada do reino. Este período de esplendor tivo o seu clímax durante o goberno da raíña Tamar. Entre os anos 1194 e 1204, Xeorxia expandiuse cara ao sur, conquistando terras de Armenia e do actual [[Irán]], como a cidade de Tabriz, e fundou o [[Imperio de Trebizonda]].
Liña 194:
 
== Demografía e cultura ==
Diversas etnias teñen coexistido, ao longo da historia, en Abkhazia. Destácanse os apsuas, considerados como abkhazios naturais, e os xeorxianos, correspondentes ás antigas tribos kartvelianas, svans e zans. A estes súmanse inmigrantes [[pobo grego|gregos]], [[pobo armenio|armenios]] e rusos.
 
A demografía de Abkhazia cambiou drasticamente por mor da guerra dos anos 1990. Segundo o censo realizado polos soviéticos en 1989, Abkhazia tiña unha poboación de aproximadamente 500.000 habitantes, dos cales 48% correspondía a xeorxianos (principalmente mingrelians) e só un 17% eran abkhazios. Case a metade destes últimos eran musulmáns sunnitas e a outra metade, cristiáns ortodoxos.