Abrir o menú principal

Cambios

 
== A guerra persa ==
En [[571]] os [[pobo armenio|armenios]] se rebelaron contra o rei [[Cosroes]] e apelando á fe cristiá que compartían pediron a axuda de Xustino. A guerra persa contra o rei [[Cosroes]] renovouse en [[572]].
Os bizantinos tiveron inicialmente boa fortuna; pero Xustino cometeu erros, como cambiar innecesariamente o mando do exército, que se amotinou deseguido, en pleno asedio de [[Nisibis]], ou se enfadar cos seus imprescindíbeis aliados [[gasánidas]] (tamén de credo [[monofisita]]) que se retiraron e deixaron o paso libre aos persas para que abordelasen [[Siria]], onde tomaron innumerables cativos. Logo de cinco meses de asedio o bispado de [[Daras]], a beiras de río Bouron, caeu en novembro de [[573]]. Dise que a noticia do desastre afectou mentalmente a Xustino II. A súa esposa Sofía, que se fixo cargo do goberno, comprou unha paz dun ano e logo unha tregua de tres anos a Cosroes. Por entón os ávaros, que esperaran a súa oportunidade, premían en [[Dalmacia]] ás forzas ao mando de Tiberio Constantino. O tratado de paz que conseguiron (80.000 moedas de prata, moito máis caro que o subsidio orixinal) evidenciou o fracaso da súa política.
 
185.664

edicións