Briançon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
==Historia==
[[Image:briancon blason.gif|left]]
ExisteCoñécese o coñecemento daa ocupación humana das terras de Briançon dende a [[Idade do Bronce]]. Determinados pobos [[celtas|celtoligures]], chamados ''brigiani'', deberían estar na orixe do nome [[lingua latina|romano]] Brigantium (coincidente co noso [[Brigantium]]). Teñen falado da cidade [[Estrabón]], [[Ptolomeo]], [[Tito Pomponio Ático]], [[Ammiano Marcelino]] e [[Plinio o Vello]]. Na época [[Imperio Romano|romana]], Briançon formaba parte dos [[Alpes Cotienos]], gobernados no seu tempo polo rei [[Cotio]], e era un punto de paso esencial polos Alpes na [[vía Domiciana]] que circulaba de [[Turín]] a [[Arles]].
 
Como consecuencia das invasións bárbaras, a cidade romana reprégase á súa parte xeograficamente máis inexpugnábel, o outeiro que se formou trala erosión [[glaciar]] no medio do val da Durance. Pertenceu ao [[Delfinado]] dende [[1024]], pero conformou un territorio á parte, denominado o [[Couto Briançonés]], conformado por cinco pequenas cidades que dispuxeron de prerrogativas especiais ata a [[Revolución Francesa]], moito tempo despois de que o propio Delfinado fose anexionado ao reino de Francia ([[1349]]). Ao ser unha vía de paso entre Francia e Italia viviu as consecuencias de conflitos históricos importantes, e o [[6 de agosto]] de [[1590]] foi tomada por [[François de Bonne de Lesdiguières]] no marco das [[Guerras de Relixión francesas]].