Igrexa católica armenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 21:
A tradición sostén que os primeiros evanxelizadores de Armenia foron os apóstolos [[Bertomeu, apóstolo|Bertomeu]] e [[Xudas Tadeo|Tadeo]],<ref>{{cita libro |título=The Fate of the Apostles: Examining the Martyrdom Accounts of the Closest Followers of Jesus |nome=Sean |apelidos=McDowell |editorial=Routledge |ano=2016 |isbn=9781317031901 |páxina=241}}</ref> aínda que non está claro se o segundo é o [[apóstolo]] ou un dos [[Setenta Discípulos|setenta discípulos]] ([[Tadeo de Edesa]]).<ref name="CAB1500">{{cita libro |título=Christians in Asia Before 1500 |nome1=Ian |apelidos1=Gilman |nome2=Hans-Joachim |apelidos2=Klimkeit |editorial=Routledge |ano=2013 |isbn=9781136109706 |páxinas=92-93 |capítulo=Christians in Armenia and Georgia}}</ref> Bertomeu tería evanxelizado o norte do país, e Tadeo o sur.<ref name="CAB1500"/>
 
Segundo a tradición, Tadeo viaxou inicialmente a [[Edesa]], e de alí a [[Vaspurakan]]. Na súa evanxelización en Vaspurakan converteu a moita xente, entre eles á filla do rei [[Sanatruces I de Armenia|Sanatruces]], [[Sandukht a Virxe|Sandukht]]. Isto motivou que o rei mandase matar a Tadeo e a Sandukht, quen segundo a tradición é a primeira [[mártir]] armenia.<ref name="Heritage">{{cita libro |capítulo=The conversion to Christianity |título=The Heritage of Armenian Literature: From the Oral Tradition to the Golden Age |volume=1 |nome=Nourhan |apelidos=Ouzounian |editorial=Wayne State University Press |ano=2000 |isbn=9780814328156 |páxinas=75-81}}</ref> Pola súa parte, Bertomeu tería predicado en [[Syunik]], e tamén tería finado como mártir.<ref name="Heritage"/> Da predicación destes xurdiron as primeiras comunidades cristiás entre os [[pobo armenio|armenios]]. Inicialmente estas primeiras comunidades cristiás estaban en comuñón co resto de [[centros primitivos do cristianismo|comunidades cristiás primitivas]], e a armenia era unha igrexa misioneira da [[Igrexa de Cesarea]].<ref>{{cita libro |título=The Blackwell Companion to Eastern Christianity |nome=Ken |apelidos=Parry |editorial=John Wiley & Sons |ano=2010 |isbn=9781444333619 |páxina=35}}</ref>
 
No período entre a predicación dos apóstolos até comezos do [[século IV]] os cristiáns sufriron persecucións en [[Reino de Armenia|Armenia]].<ref name="Heritage"/>