Historia do islam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: ==O nacemento do Islam== A Meca era un importante núcleo mercantil,situado no paso das rotas caravaneiras e marítimas, e que contaba cun importante santuario relixioso. Entre tod...
 
Liña 1:
==O nacemento do Islam==
[[A Meca]] era un importante núcleo mercantil,situado no paso das rotas caravaneiras e marítimas, e que contaba cun importante santuario relixioso. Entre todas as tribos árabes, os [[quraisís]] destacaban por seren os gardiáns do recinto e donos da fonte. Eran a aristocracia, e baseaban o seu poder económico nos beneficios que obtiñan das peregrinacións á [[Ka'aba]] ou Pedra Negra.
Na Meca comezou a predicar [[Mahoma]] unha nova doutrina relixiosa, o [[Islamismo]](submisión a [[Alá]]), iniciando a súa tarefa divulgadora a partir do ano [[613]]. Era esta unha relixión [[abrahamánica]] e monoteísta, pero que non abrumaba con esixencias éticas aos crentes: profesión de fe, oración, xaxún, esmola e peregrinación á Meca. Ata a [[jihad]] ou ''guerra santa'' era un deber xénérico de contribuír á expansión da fe. Ademais, tiñan o precepto da axuda mutua entre os crentes, coa prohibición de todo afán de lucro, razón pola que as súas ideas lles molestaron aos mercaderes ricos da Meca, ata producir a fuxida do Profeta e dos seus seguidores a [[Yatrib]], no [[622]], tralo chamado [[pacto de A'qaba]]. En [[MedinaMedinat al-Nabí]] (Medina) fórmase a primeira comunidade islámica.