Facsímile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño de redacción
Elisardojm (conversa | contribucións)
bibliotecas nacionais
Liña 6:
Para conseguir realizar este tipo de reproducións de alta calidade, o máis habitual é utilizar técnicas fotográficas e de [[serigrafía]], que permiten imitar fielmente as cores, tamaño, defectos e matices do documento orixinal. Os facsímiles son os máis axeitados para os documentos impresos ou escritos a man, pero esta técnica non adoita aplicarse a obxectos tridimensionais ou pinturas que teñan relevo, como por exemplo as [[pintura ao óleo|pinturas ao óleo]]. As reproducións destes últimos obxectos son coñecidas como [[réplica]]s.
 
Os facsímiles adoitan aplicarse como medida de seguridade en museos e bibliotecas para permitir que os usuarios teñan acceso a unha copia exacta do documento orixinal, sen arriscarse a que este sexa subtraído ou se deteriore co tempo. A maioría de bibliotecas nacionais poñen a disposición do público facsímiles dos seus documentos máis valiosos, quedando os orixinais reservados para usuarios que soliciten expresamente unha autorización.
 
En España existen varios editores que acadan altas cotas de calidade nos seus facsímiles, entre eles destacan Vicent García Editores<ref>[http://www.vgesa.com Vicent García Editores]</ref> ([[Valencia]], 1974), Testimonio Compañía Editorial<ref>[http://www.testimonio.com Testimonio Compañía Editorial]</ref> ([[Torrejón de Ardoz]], 1982), M. Moleiro Editor<ref>[http://www.moleiro.com/es/inicio.htm M. Moleiro Editor]</ref> ([[Barcelona]], 1991) o Siloé<ref>[http://www.siloe.es Siloé]</ref> ([[Burgos]], 1997).