Lique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.50 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
m Arranxos varios
Liña 4:
A verdadeira natureza desta simbiose é aínda tema de debate polos científicos. Algúns afirman que o fungo é un [[parasito]] do fotobionte; no entanto, en moitos casos, a alga soa non sobrevive no [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] ocupado, nin tampouco o fungo illado e, polo tanto, non é realista usar o termo parasita.
 
O microbionte dos liques pertence, na súa maioría, á clase [[ascomicetos]] (por riba do 95%), sendo os restantes [[Basidiomycetes]]. Cada especie de lique ten unha especie diferente de fungo e é con base nesa especie que os liques son [[clasificación científica|clasificados]]. A clasificación baséase, en xeral, nas características do [[talo]] e [[Órgano|órganosórgano]]s [[reprodución|reprodutivos]]. Están descritas entre 13.500 e 17.000 especies de liques, de acordo con diferentes sistemas de clasificación. Cerca do 20% das especies de fungos coñecidas pertencen a liques.
Os fotobiontes son moito menos numerosos cós micobiontes, ou sexa, a mesma especie de alga pode formar parte de varios liques diferentes. Moitas especies de alga, se non todas, poden existir illadamente nalgúns hábitats, mais cando forman parte dun lique, presentan unha distribución moito maior.
Liña 21:
** [[Liques foliosos]] e
** [[Liques fruticosos]].
 
* Segundo o seu aspecto:
** [[Liques escamosos]],
** [[Liques xelatinosos]] e
** [[Liques filamentosos]].
 
* Segundo o seu hábitat:
** Liques endolíticos: viven nas rochas e pedras.
** Liques endofloicos: viven na cortiza das árbores.
 
Porén, para un grupo tan diverso, sempre existen exemplos que non se conforman coas clasificacións existentes. É o caso da ''[[Cladonia]]'', que é un tipo de lique cun [[talo]] primario e un talo secundario, en que o talo primario está directamente agarrado ao substrato, en canto que o talo secundario ten un [[crecemento]] significativo, parecido ó dos liques fruticosos.
 
{{Commons|Category:Lichenes}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Botánica]]
[[Categoría:Termos botánicos]]