Malinche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Naceu quizais na clase alta da sociedade mexica. Segundo Bernal Díaz del Castillo, os pais de Malintzin eran señores e [[Cacique|caciquescacique]]s dun pobo chamado "Painala". O historiador Gómez de Orozco supón que o nome do seu pai era o que sinala como "Chimalpain", ou sexa, "Malintzin Tenepal". Este era un cacique nobre señor que casou, segundo o costume, cunha "señora de vasallos e Estados", tamén de nobre orixe, chamada "Cimatl", cacique de Xaltipa, a cal segundo se di era "nova e fermosa".
 
Foi cedida como [[Escravitude|escrava]] aos caciques [[Civilización maia|maias]] de [[Tabasco]] despois dunha [[guerra]] entre os maias e os [[aztecas]] da zona. Malintzin foi parte dun tributo cedido ao partido gañador, pois esa era a [[tradición]] entón. Foi dada como tributo sendo aínda nena, polo que falaba con fluidez a súa lingua materna, o [[náhuatl]], e a lingua dos seus novos amos, a [[lingua maia|maia]]. Segundo o relato de Díaz del Castillo, Malintzin reencontrouse coa súa nai e o seu medio irmán despois da [[conquista de México]], cando estes xa foran convertidos ao [[cristianismo]] e utilizaban os nomes de Marta (a nai) e Lázaro (medio irmán). O pai de Malintzin faleceu sendo ela aínda nena, polo que a súa nai casou co irmán do pai de Malinche e Lázaro foi froito deste matrimonio.
Liña 11:
Coñécese polos nomes Malintzin, Malinalli (transliteraciones ao castelán do nome orixinal; o sufixo tzin engadíase ao nome para indicar [[xerarquía]] e [[nobreza]]), ou ben A Malinche, que é a forma máis común de referirse a ela. Tamén como Marina, sempre expresado como dona Marina.
 
É indubidábel que, máis aló do seu servizo como intérprete, Malintzin asesorou aos españois sobre os costumes sociais e [[Militar|militaresmilitar]]es dos nativos, e posibelmente realizou tamén tarefas do que hoxe chamariamos "intelixencia" e "[[diplomacia]]", xogando un papel importante durante a primeira parte da conquista. Tivo un fillo de Cortés, Martín, primoxénito pero ilexítimo; logo daría Cortés o mesmo nome de Martín ao seu primeiro fillo lexítimo, que tivo con [[Juana de Zúñiga]]. Cortés posteriormente en Orizaba casou a Malintzin cun fidalgo, Juan Jaramillo, de quen se sabe que ela tivo outra filla, María Jaramillo. Hai constancia de que Malintzin morrera xa en 1529, por documentos das xestións do seu viúvo para volver casar.
 
Ao parecer Malintzin faleceu enferma de [[vexigas]] por unha [[epidemia]] que houbo en 1528 ou 1529. Tivo un papel relevante na conquista de México. Bernal Díaz del Castillo encomia repetidamente o seu compromiso cos conquistadores e o seu valor na [[batalla]]. Lembra tamén a alegría dos españois cando souberon que Marina sobrevivira á [[Noite Triste]].