Dagoberto I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 4:
'''Dagoberto I''' ([[603]]-[[639]]), fillo de [[Clotario II]], rei dos [[francos]] e de [[Bertrude]]. Foi rei dos francos entre os anos ([[629]]-[[639]]).
 
No [[623]], debido ás reivindicacións autonomistas dos nobres de [[Austrasia]], o seu pai noméao rei deste territorio, desprovisto das rexións das [[Ardenas]] e os [[Vosgos]].
 
Á morte do seu pai convértese en rei dos francos, cedendo o reino de [[Aquitania]], creado para a ocasión, ao seu irmán [[Cariberto II]], facéndoo renunciar definitivamente ao trono de [[Francia]]. Á morte do seu irmán, recupera Aquitania, converténdose no rei merovinxio máis poderoso e o monarca máis respectado do seu tempo. Fai de [[París]] a súa capital, debido á súa posición xeográfica no centro do reino.
 
Por recomendación dos seus conselleiros Didier, Dadon (futuro [[Santo Ouen]]) e Eligius (futuro [[Santo Eloi]]), loita contra as reivindicacións autonomistas de parte da nobreza e reorganiza a administración e a xustiza do reino. Desenvolve a educación e as artes e doa importantes agasallos á Igrexa. Fundará, entre outras, a [[abadía de San Denis]], a cal ha acoller posteriormente a súa tumba e será durante moitos anos a tumba dos [[Reis de Francia]]. Foi o último rei merovinxio que dirixiu persoalmente o ''regnum francorum''. Durante o seu reinado, mandou construír o castelo de [[Altes Schloss]] en [[Merseburg]], [[Alemaña]] que aínda é hoxe en día o castelo máis antigo habitado neste país.
 
Dagoberto desenvolveu as relacións diplomáticas cos países veciños: asina un tratado de paz perpetua co [[emperadores bizantinos|emperador bizantino]] [[Heraclio]], unha alianza cos [[longobardos]] e un acordo cos [[saxóns]] polo que lle axudarán a protexer as súas fronteiras dos [[eslavos]]. Desenvolve campañas militares contra os [[gascón]]s, os [[Pobo bretón|bretóns]] e sobre todo contra os [[eslavos]].
 
No ano [[632]], a nobreza de Austrasia enfróntase a el, e para buscar a calma, vese obrigado a ceder o reino de Austrasia ao seu fillo [[Sixeberto III]] que ten só dous anos.
 
Pronto os nobres de [[Neustria]] esixen e obteñen a unión deste reino con [[Borgoña]], e que coloque ao seu fillo [[Clodoveo II]] á fronte dese novo reino.
 
Á súa morte, os seus dous herdeiros son aínda moi novos: Sixeberto ten oito anos e Clodoveo catro, polo que os [[mordomo de palacio|mordomos de palacio]] dedícanse a manipular aos soberanos e acaparan definitivamente do poder. É o comezo da época dos [[Rei folgazán|Reis folgazáns]], que marcará o fin da [[Dinastía Merovinxia]].