Diferenzas entre revisións de «Pelaxe»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
=== Selección natural ===
 
Algúns mamíferos reduciron de forma natural a súa cantidade de pelo. Algúns mamíferos acuáticos ou semiacuáticos como os [[cetáceo]]s ou [[hipopótamo]] ou certas especies de [[focas]] evolucionaron cara a unha pel espida, presumiblemente para reducir a resistencia á auga. A rata-toupa espida (''[[Heterocephalus glaber]]'') tamén perdeu o pelo, quizais como unha adaptación ao seu estilo de vida subterráneo. Dous dos grandes mamíferos existentes, o [[elefante]] e o [[rinoceronte]], teñen moi poucos pelos. O morcego espido (''[[Cheiromeles torquatus]]'') case non ten pelos pero teñen curtos pelos bastos arredor do pescozo, nas súas dedas frontais, e arredor do saco da súa gorxa, xunto con pelos finos na cabeza e membrana da cola. A maioría dos animais sen pelo non poden estar ao sol durante moito tempo ou permaneceren en zonas frías por tempo prolongado. <ref name=ADW>{{cite web|last=Thomson|first=Paul|title=Cheiromeles torquatus|url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Cheiromeles_torquatus/|publisher=Animal Diversity Web|accessdate=29 October 2013|year=2002}}</ref>
 
Os seres humanos son a única especie de primates que evolucionaron experimentando unha significativa perda de pelo corporal. Isto pode deberse á perda da funcionalidade do [[pseudoxene]] KRTHAP1 (que axuda a producir [[queratina]]) na liñaxe humana hai uns 240.000 anos.<ref>{{Cite journal
Para o seu uso para vestir, as peles son normalmente coiro que conserva o seu pelo de especies que teñen unha pelaxe moi estética ou que ten propiedades de illamento. As peles servíronlle de vestido a varios [[homínidos]], como o [[home de Neanderthal]]. As peles de animais usadas como adornos e tapicerías poden ser tinguidas con diversas cores ou imitar os debuxos de animais exóticos ou recortadas para imitar a sensación dun tecido de suave [[veludo]].
 
Entre as fontes animais usuais para accesorios para vestir ou para tapicería están os [[raposo]]s, [[coello]]s, [[visón]]s, [[castor]]es, [[armiño]], [[lontra]]s, [[marta cibelina|martas cibelinas]], [[focas]], [[coiote]]s, [[chinchilla]]s, [[mapache]]s, e [[Phalangeriformes|póssums]].
 
A fabricación de peles para vestir implica conservar os pelos nas peles procesadas, mentres que na fabricación de [[coiro]] se elimina o pelo da pel, que despois se curte. O uso de [[la]] implica cortar o pelo do animal vivo, que despois lle volve a crecer, polo que non se usa a pel senó só o pelo.<ref>Australian Wool Corporation, Australian Wool Classing, Raw Wool Services, 1990.</ref>
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Furs}}
 
 
{{Control de autoridades}}
393.002

edicións