Diferenzas entre revisións de «Áiax o Grande»

m
→‎top: Arranxos varios
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=talvez)
m (→‎top: Arranxos varios)
Na ''[[Ilíada]]'' de [[Homero]] é descrito como un guerreiro de gran estatura e forza colosal, teimudo e de inmenso escudo que por si mesmo é un antemural das [[Falanxe (infantaría)|falanxes]]. Non foi ferido en ningunha das batallas relatadas na ''Ilíada'', e é o único personaxe de importancia na obra que non recibiu axuda por parte de ningún dos deuses gregos. Ó igual que Aquiles foi soterrado polo [[centauro]] [[Quirón]]. Áiax foi un dos reis máis importantes no campo de batalla, pero non tan sabio como [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], [[Idomeneo]] ou [[Menesteo]], nin tan hábil como [[Diomedes]], [[Odiseo]] ou [[Palamedes]]. Mandaba o seu exército levando unha gran hacha de guerra e un enorme escudo, acompañado sempre polo seu irmán Teucro.
 
Durante a guerra de [[Troia]] loitou contra [[Heitor]] en dúas ocasións. A primeira foi nun duelo que durou todo un día sen que houbese vencedor. A segunda foi durante unha incursión dos troianos no campamento dos aqueos, onde ambos pelexaron nos barcos gregos. Áiax case matou a Héctor arrebolándolle unha pedra meirande que o propio príncipe troiano. Ámbolos dous encontros tiveron lugar cando Aquiles abandonara o campo de batalla debido ó seu enfado con [[Agamenón]].
 
Cando [[Patroclo]] morreu a mans de Heitor, os troianos intentaron facerse co seu corpo e alimentar con el ós cans, pero Áiax loitou contra eles protexendo o cadáver e devolvéndoo ó campamento grego e a Aquiles.
393.002

edicións