Quetzalcóatl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 7:
Quetzalcóatl representa as enerxías telúricas que ascenden, de aí que sexa representado como unha serpe emplumada. Neste sentido, representa a vida, a abundancia da vexetación, o alimento físico e espiritual para o pobo ou o individuo que procura un ascenso espiritual.
 
Posteriormente, pasou a ser venerado como [[deus]] representante do planeta [[Venus]], simultaneamente Estrela da Mañá e Estrela da noite, correspondendo, co seu [[xemelgo]] [[Xolotl]], á noción de morte e resurrección. Deus do Vento e Señor da Luz, era, por excelencia, o deus dos sacerdotes. É ás veces confundido co rei sacerdote de [[Tollan-Xicocotitlan]].
 
Segundo fontes incertas e tradicións orais, unha das representacións deste deus é un home branco, con barba e de ollos claros. Esta representación sería un dos motivos da teoría de que os pobos indíxenas, durante a conquista da [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] ([[Mesoamérica]]), creron que [[Hernán Cortés]] era Quetzalcóatl. O académico [[Multiculturalismo|multiculturalista]] [[Serge Gruzinski]], analizando as crónicas do [[século XVI]] sobre a [[conquista de México]], considera que os aztecas realmente pensaron que [[Hernán Cortés|Cortés]] era Quetzalcóatl e esa é unha das razóns pola que os [[Imperio español|españois]] dominaron tan facilmente a [[América Central]]. Os aztecas crían na volta de Quetzalcóatl e iso contribuiu positivamente no seu contacto cos españois, pensando que foran enviados polo deus.
 
== Curiosidades ==
O [[cacao]], froito tipicamente americano, era usado durante os rituais ao deus como unha bebida quente, o ''xocóatl'', bebida que deu orixe ao [[chocolate]] tan apreciado hoxe en día.
 
== Galería de imaxes ==