Batalla de Annual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 26:
Coñécese como '''Desastre de Annual''' a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]] (ou Guerra do Rif) o [[22 de xullo]] de [[1921]], preto da localidade marroquí de [[Annual]].
 
Esta foi unha das maiores crises que atacaron o reinado de [[Afonso XIII]]. A denominación de "Desastre de Annual" dáse unicamente en [[España]], xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual".
 
== Antecedentes dos feitos ==
En febreiro de [[1920]] o xeneral [[Manuel Fernández Silvestre]], tomou posesión do cargo de Comandante Xeneral de [[Melilla]]. Coa súa chegada a este posto, ordenou o avance das tropas durante todo o ano para conquistar os territorios ao oeste de Melilla.
 
Durante o inverno e a primavera de [[1921]], continuaron as operacións nestes territorios, ocupados case sempre sen violencia, chegando a acordos cos xefes dos territorios ofrecéndolles diñeiro para conseguir a súa amizade. En cada lugar ocupado construían pequenos cuarteis chamados "''blocaos''", sempre nas zonas máis elevadas, onde xeralmente non había auga, o que obrigaba a ir a por ela en mulas.
 
A distancia entre os "''blocaos''" era variable, entre 20 e 40 quilómetros, segundo estivese o terreo, pero se estaban moi xuntos as forzas repartíanse, co que había bos recursos para afrontar un ataque inimigo.
 
As condicións dos soldados non eran boas. As subministracións escaseaban, as [[rata]]s e os [[piollo]]s eran moi frecuentes no campamento.
Liña 77:
* [[Historia de España]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Protectorado Español de Marrocos]]
[[Categoría:Batallas do século XX|Annual]]