Estanflación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/desvalorizaci%C3%B3n
m →‎Causas e consecuencias: Arranxos varios
Liña 7:
 
==Causas e consecuencias==
Formalmente, determínase que existe unha recesión cando o Ingreso Nacional decrece durante dous trimestres consecutivos. Cando a recesión chega acompañada de alta inflación o proceso recibe o nome de estanflación e está considerado un dos peores escenarios económicos posibles, polo difícil de manexar e corrixir. As [[política]]s monetarias e fiscais que adoitan utilizarse para dinamizar unha economía recesiva empeoran o compoñente inflacionario da estanflación e as políticas monetarias restritivas que se utilizan para combater a inflación tenden a profundizar e ampliar o seu compoñente recesivo.
 
A estanflación distorsiona completamente os mercados e coloca aos políticos dos gobernos e aos seus bancos centrais nunha posición 'perder-perder'. Na estanflación a recesión acostuma ser parcial, rexistrándose simultaneamente o decrecemento de algúns sectores, como a produción de bens, xunto ao crecemento de outros sectores, como a produción de servizos. Se se trata dunha economía relativamente aberta e a inflación ven acompañada dun proceso de desvalorización, pode rexistrarse unha contracción das actividades que consumen [[divisa]]s e unha expansión das que xeneran divisas. Isto representa un desafío enorme para as autoridades, pois reciben sinais mixtas e contraditorias sobre a economía que fan moi difícil decidir que políticas aplicar, en que secuencia e en que momento tomalas. ''"É o peor dos dous mundos"'', din moitos economistas.
 
Aínda que as recesións poden ter causas internas ou externas, a estanflación sempre é de orixe interno, ''"a inflación é sempre e en todas partes un fenómeno monetario"'', e quen manexan as [[moeda]]s soberanas son as autoridades monetarias de cada país.