Diferenzas entre revisións de «Veludo»

m
Arranxos varios
m (engado a Categoría:Industria téxtil mediante HotCat)
m (Arranxos varios)
 
== Historia ==
Moi probablemente, a arte de tecer veludo tivo a súa orixe no [[Extremo Oriente|Afastado Oriente.]] As referencias máis antigas aparecen cara a finais do [[Século XIII|século XIII.]]. Con todo, sábese que os antigos faraóns exipcios usaban tecidos moi similares aos actuais veludos, dando lugar a referencias de fai máis de 3.000 anos de existencia.
 
As características peculiares do veludo, a suave profundidade espléndida da cor da tinguidura que exhibía, facíano perfecto para encaixar nos traxes oficiais e colgantes suntuosos. As teas máis magníficas en épocas medievais eran os veludos italianos. Estes eran ornamentados por técnicas tales como variar a cor do fío, producir o fío de diversas lonxitudes (fío sobre fío, ou fío dobre), e entretecéndoo con [[seda]], [[la]], con fío sen cortar, cunha base de tecido dourado, etc.
 
== Produtores ==
Durante o século XX os máis importantes produtores de veludo do mundo foron [[Italia]], [[Francia]] e [[Alemaña|Alemaña.]]. Paulatinamente desde o ano 2000 eses países transformáronse principalmente en importadores de veludo. Os novos grandes produtores mundiais comezaron a ser [[República Popular da China|China]], [[Corea do Sur|Corea]], [[Turquía]] e algúns outros países asiáticos. Só os veludos máis exquisitos e exclusivos seguen sendo producidos en Europa.
Logo da crise económica dos anos 2008/2009 subsistiron poucas empresas produtoras de veludos no mundo. Ademais a falta de mestres especializados, dado o cambio xeracional, fai que pechen aínda máis empresas. Por esta razón, é que os especialistas entenden que será cada vez máis difícil e custoso adquirir este nobre e refinado produto.
 
393.002

edicións