Merxinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/resumo
m Arranxos varios
Liña 18:
Os '''merxinos''' (''Merginae'') son unha [[subfamilia]] de [[aves]] [[anseriformes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]]. Porén, algúns autores considéranos como unha [[tribo (bioloxía)|tribo]], a dos ''Mergini'', dentro da subfamilia dos [[anatinos]] (''Anatinae'').<ref>[http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html Peterson, A. P.: Zoonomen. Zoological Nomenclature - ''Anseriformes''].</ref>
 
A maioría das especies, pero non todas, son esencialmente mariñas, fóra da estación reprodutora. Moitas especies desenvolveron [[glándula]]s do sal, especializadas para permitirlles tolerar o consumo de auga salgada, como na orde dos [[procelariiformes]], pero estas non están desenvolvidas en aves inmaturas. Algunhas prefiren os hábitats de ribeira.
 
O grupo está formado por [[pato]]s coñecidos como '''patos mergulladores''' ou '''patos mariños'''. (Tamén son ''patos mergulladores'' os membros da subfamilia dos [[Aythyinae|aitiínos]]).
Liña 36:
== Hábitat e distribución ==
A maioría das especies son esencialmente mariñas, agás na época de cría, pero algunhas prefiren os hábitats de das ribeiras dos ríos ou lagos.
 
Excepto dúas especies, o resto viven en latitudes setentrionais.
 
== Alimentación ==
Un grupo de especies da subfamilia (os [[mergo]]s) son [[piscívoro]]s e teñen un bico estreito e serrado, perfectamente adaptado para a captura dos [[peixes]].
 
Outros comen [[moluscos]] e [[crustáceos]] que apañan no fondo do mar, e dispoñen, algúns deles, como os [[éider]]es, de fortes e anchos bicos que lles permiten, por exemplo, arrincar os [[mexillón]]s das rochas.
 
== Taxonomía ==
Estudos xenéticos realizados nos últimos anos propiciaron a consideración deste grupo como unha tribo (''Mergini'') dos anátidos.<ref>[http://jboyd.net/Taxo/Anseriformes.pdf Cladograma dos anseriformes baseada nos traballos de Burgarella ''et al,'' (2010)]</ref> <ref>J. Gonzalez, H. Düttmann, M. Wink (2009): [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1469-7998.2009.00622.x/abstract "Phylogenetic relationships based on two mitochondrial genes and hybridization patterns in Anatidae" (resumo)]</ref>
 
A clasificación do [[Congreso ornitolóxico internacional]] (versión 2.7, 2011) contempla 9 [[xénero (bioloxía)|xéneros]] con 20 [[especies]] vivas: