Heinz Fischer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 9:
Fischer foi membro do parlamento de Austria desde [[1971]] e serviu como un dos seus líderes entre o [[1990]] e o [[2004]]. De [[1983]] ata [[1987]] foi ministro da Ciencia nunha coalición gobernamental liderada por Fred Sinowatz.
 
En xaneiro de [[2004]] Fischer anunciou que concorrería a presidente para suceder a [[Thomas Klestil]] e finalmente foi proclamado o [[25 de abril]] de [[2004]] como o candidato do partido socialdemocrático de Austria - SPÖ -, de oposición. El obtivo o 52,4% dos votos derrotando a [[Benita Ferrero-Waldner]], entón ministra do Exterior na coalición liderada polo partido Popular Austríaco – ÖVP – conservador.
 
Fischer asumiu o posto de presidente o [[8 de xullo]] de [[2004]] e recibiu o cargo do presidente do parlamento, que goberna interinamente despois da morte de Klestil o [[6 de xullo]]. Desde a súa elección como presidente a súa popularidade creceu ata ser considerado por algúns analistas como o político de maior credibilidade de Austria{{cómpre referencia}}.