Ingeborg Bachmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 15:
 
== Traxectoria ==
Filla máis vella dun profesor de educación secundaria, Ingeborg Bachmann pasou a súa infancia e mocidade en [[Carintia, Austria|Carintia]], en [[Austria]]. Durante a posguerra, entre [[1945]] e [[1950]], e logo de comenzar estudos de [[dereito]], dedicouse á [[filosofía]], a [[psicoloxía]] e a [[literatura]] alemá, pasando polas universidades de [[Innsbruck]], [[Graz]] e por último [[Viena]], onde rematou os seus estudos. Doutorouse en filosofía coa tese ''Die kritische Aufnahme der Existenzialphilosophie [[Martin Heidegger]]s'' (A recepción crítica da filosofía existencial de Martin Heidegger).
 
Pronto publicou a súa primeira historia curta. A súa carreira literaria beneficiouse do contacto con [[Hans Weigel]], literato e promotor da literatura nova de posguerra, e o prestixioso círculo literario [[Gruppe 47]], entre cuxos membros tamén se contaban [[Ilse Aichinger]], [[Paul Celan]], [[Heinrich Böll]], [[Marcel Reich-Ranicki]] e [[Günter Grass]]. Deste grupo recibiu en [[1953]] un premio pola súa primeira colección de poemas ''Die Gestundete Zeit'' ("O retardo consentido").
Liña 23:
A sesión do Grupo 47 de [[1958]], denominada ''Grossholzleute'' presenciou a emerxencia dunha facción feminina levada por Bachmann, [[Ilse Aichinger]] e outras autoras. O Grupo 47 debía liberar aos homes das palabras manchadas polos [[nazi]]s e axudarlles a escribir un novo mundo. Tamén debía servir, dicían elas, para limpar a lingua daquelas palabras das que se serven os homes para falar das mulleres no seu nome, usurpando o seu sitio e matando as súas paixóns. Foi o comezo dun intento literario orixinal e revolucionario de escribir o Amor, coa representación del que as mulleres fan coas súas palabras, e non aquelas fabricadas por séculos de autores masculinos. Este cambio de obxectivo "político", de temática literaria, así como o paso da poesía á novela, romperon o vínculo entre Bachmann e o público.
 
Posteriormente o traballo de Bachmann centrouse principalmente en temas como os límites persoais, o establecemento da verdade e a [[filosofía da linguaxe]], esta última seguindo as ideas de [[Ludwig Wittgenstein]]. En [[1953]] marchou a [[Roma]], onde dedicou a maioría dos anos seguintes a escribir [[poema]]s, [[ensaio (literatura)|ensaios]], [[libreto]]s de [[ópera]] e [[historia curta|historias curtas]], que pronto lle significaron fama internacional e numerosos premios. Entre [[1958]] e [[1963]] tivo como compañeiro ao escritor [[Suíza|suízo]] [[Max Frisch]], con quen viviu en Roma e [[Frankfurt]]. Esta relación levouna a Suíza e ofreceulle o papel do segundo protagonista na obra de Frisch ''Mein Name sei Gantenbein''.
 
En [[1959]] inaugurou, como primeira profesora invitada, un posto relacionado coa poesía creado pola universidade de [[Frankfurt]] para permitir a un escritor de lingua alemá expoñer alí a súa "arte poética". Das seis conferencias inicialmente previstas desde [[novembro]] de [[1959]] a [[decembro]] de [[1960]], Bachmann só deu cinco, tituladas ''Problemen zeitgenössischer Lyrik'' (Cuestións de poesía contemporánea). ''Malina'', primeiro tomo da tetraloxía inacabada ''Todesarten'', foi o seu último traballo publicado en vida, en [[1971]].
 
En [[1964]] recibiu o prestixioso [[Premio Büchner]] polos seus poemas, e compuxo para a recepción deste o seu texto ''Berlín, un lugar de azares''. O prestixioso [[Premio Ingeborg Bachmann]], concedido anualmente en [[Klagenfurt]], leva o seu nome.
Liña 45:
* ''Todesarten'' (proxecto de ciclo de novelas, inacabado)
 
{{ORDENAR:Bachmann, Ingeborg}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bachmann, Ingeborg}}
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
[[Categoría:Escritores de Austria]]