Diferenzas entre revisións de «Espinaca»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:Espinac 5nov.JPG|thumb|Planta de espinaca en novembro, cultivada en [[Cataluña]].]]
 
Trátase dunha planta anual cultivada como verdura polas súas follas comestíbeis, grandes e de cor verde moi escura. Semella que a súa orixe é asiática, [[Persia|persianapersia]]na, foi introducida na península ibérica polos árabes no século XI, espallándose por toda Europa no século XV.
Cultívase durante todo o ano e se pode consumir fresca, cocida ou frixida. Ten un elevado valor nutricional e carácter regulador, polo seu alto contido en auga e riqueza en vitaminas e minerais.
O cultivo desenvólvese fundamentalmente ao ar libre en regadío. Non necesita de coidados excesivos para gozarmos de todas as súas propiedades.
 
== Descrición ==
Planta herbácea bianual que unha vez está espigada e florida chega ao metro de altura, follas alternas, de forma ovada ou triangular de 3 a 30 cm de longo, [[dioica]] é dicir que hai plantas masculinas e femininas, actinomorfa; as flores son pouco vistosas,de 3 a 4  mm de diámetro, inconspicuas, conservan o froito que é un [[aquenio]] con varias sementes.
Follas dispostas de xeito esparsivo, con superficie glabra ou tomentosa, carnosas, de bordo enteiro sen estípulas.
O número de estames é igual ao de pezas do periantio dispostas de xeito oposto. O cáliz é acrecentando e carnoso. Centrospermas,o xineceo ten diversos carpelos e está reunido nun ovario súpero unilocular. O endosperma é nuclear. As sementes teñen embrión curvado co tecido nutricional reducido ao periplasma.
A epiderme está formada por células esféricas grosas sobre un pedículo sutil.
Son plantes turxescentes en climas chuviosos (xustifica que medran mellor en climas frescos e húmidos) e fracas con clima seco, neste último caso forman unha camada protectora contra a desecamento.
 
== Cultivo ==
* Rega: humidade constante.
* Método de plantación: sementeira. Sementar en [[alcouve]] us mes antes da última xeada, e no exterior a comezos da primavera. Pódense espallas as plantacións para ter espinacas toda a tempada.
* Marco de plantación: 30 x 40  cm
* Profundidade: 1  cm de fondura cando a temperatura da terra supere os 10 °C
* Tempo de xerminación: arredor de dúas semanas
* pH óptimo do solo: 6,5 - 7,6
* Necesidades nutritivas: moderadas. Cómpre de [[materia orgánica]], [[microelemento]]s e [[azote]]. A fertilización nitroxenada non debe excederse, xa que a folla colle un sabor moi forte.
* Colleita: apañar follas individualmente cando acaden un bo tamaño, cortando a planta enteira cando as follas estean carnosas, ou ben cortar a planta enteira a uns 3  cm do chan para favorecer o crecemento de novas follas.
* Problemas: [[lesma]]s e [[verme]]s que comen as raíces. O [[Fungi|fungo]] ''[[Peronospora effusa]]'' produce o [[mildio]] da espinaca que se caracteriza por unhas tacas amarelas na folla, e no envés unha especie de borralla. Para o mildio non se pode usar o [[caldo bordelés]] xa que a espinaca non soporta o [[cobre]].
* Rotación: aplicar rotacións de catro anos. Vai ben con [[cebola]]s, [[apio]], [[col|coias]], [[Amorodeira|amorodos]], [[chícharo]]s, [[ravo]]s, [[legume]]s,.... pero mal coas [[pataca]]s.
** Proteínas 1, 2%
** Lípidos 0, 3%
** Potasio 500  mg/100 g
** Sodio 60  mg/100 g
** Calcio 90  mg/100 g
** Ferro 4  mg/100 g
** Fósforo 45  mg/100 g
** Vitamina C 30  mg/100 g
** Vitamina A 1  mg/100 g
** Vitamina B1 0, 1  mg/100 g
** Vitamina B2 0, 2  mg/100 g
 
* '''Usos medicinais''': útil para o tratamento de cálculos urinarios, as follas son utilizadas perante síntomas febrís, inflamación de pulmóns e bronquite. Emprégase tamén no tratamento de dificultades respiratorias, inflamación do fígado e [[ictericia]].
Recentemente realizáronse estudos nos que se descubriron que ten acción inhibidora de tumores, feito que a fai un bo alimento para previr posíbeis cancros.
Tamén salienta o seu uso para tratar a obesidade e as anemias.
* '''Accións farmacolóxicas / propiedades''': Carminativo, Febrífugo, hip glicémico, laxante.
* '''Toxicidade''' : contén ácido oxálico que pode inhibir a absorción de calcio e fósforo, feito que diminuiría o valor nutricional no caso dun consumo en exceso.
 
== Historia ==
A espinaca é de orixe [[Persia|persianapersia]]na. Introduciuse en Europa grazas aos árabes alá polo ano 1000. Outrora era unha planta que só se empregaba con fins medicinais.
Moito despois, polo ano 1920 vaise afondar nas súas propiedades, polo que se coñeceu o seu alto contido en ferro e vitaminas A e B2. Isto incrementou o consumo.
Nos anos 60 do século XX o seu consumo diminuíu moitísimo, especialmente nos nenos e mozos. Daquela, un debuxante chamado ''[[Segar|]]''Segar'']] inventou un personaxe de debuxos animados ao que chamou [[Popeye]], que cando comía espinacas collía unha forza sobrenatural. O éxito dos debuxos animados fixo que este personaxe marcase un antes e un despois no consumo de espinacas, chegando ao día de hoxe.
== Notas ==
{{Listaref}}
393.002

edicións