The Animals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 13:
| web = [http://www.theanimalswebsite.com/ theanimalswebsite.com]
}}
'''The Animals''' foi un grupo [[Música|musical]] [[Gran Bretaña|británico]] dos anos 60 que adquiriu renome internacional grazas ao seu estilo de [[blues]] eléctrico. A súa canción máis famosa é "House of the Rising Sun". O grupo estivo inicialmente formado por [[Eric Burdon]] (líder e vocalista), [[Alan Price]] ([[Teclado (instrumento musical)|teclados]]), Hilton Valentine ([[guitarra]]), John Steel ([[Batería (instrumento musical)|batería]]), and [[Chas Chandler]] ([[baixo]]).
 
== Traxectoria ==
Os integrantes do grupo The Animals eran orixinarios da localidade [[Porto (comunicacións)|portuaria]] de [[Newcastle upon Tyne]], no nordés de [[Inglaterra]]. A creación do grupo data do [[1962]] cando Eric Burdon se uniu á Alan Price Rhythm and Blues Combo, que cambiou desde entón o seu nome polo de The Animals. A súa música baseábase esencialmente no blues e [[rithm and blues]] e dedicábanse a facer versións de cancións de [[John Lee Hooker]], [[Sam Cooke]], [[Ray Charles]], [[Nina Simone]] e [[Jimmy Reed]]. Nos seus inicios foi integrante do grupo [[Bob Dylan]], segundo sinala o musicólogo [[Cristobal Vergara]].
 
Ese mesmo ano, o grupo autoproduce o seu propio EP. O seu éxito na súa localidade natal foi tan notorio que o mánager dos [[Yardbirds]], Giorgio Gomelsky, convenceunos para que se instalasen en [[Londres]] en [[1964]]. Durante un tempo tocaron no local propiedade de Gomelsky, o Crawdaddy Club. Foi alí onde coñeceron ao que sería o seu produtor, Mickie Most. Con el asinaron o seu primeiro contrato de gravación, coa discográfica [[EMI]]. En febreiro de 1964 metéronse no estudo para gravar o seu primeiro sinxelo, ''Baby Let Me Take You Home'', adaptación da canción de Bob Dylan "Baby Let Me Follow You Down", e que chegou ao número 21 das listas inglesas. Seguiu a adaptación doutra canción tamén interpretada por Dylan, "House of the rising sun", que lles levaría a ser o segundo grupo británico que consegue o número un nas listas británicas e americanas (tan só fixérono antes "[[The Beatles]]"). A finais de 1964 edítase o seu primeiro LP, ''The Animals''. Durante ese ano e [[1965]], chegaron outros éxitos como "I'm Crying" (nº8 en Gran Bretaña), "Don't Let Me Be Misunderstood" (nº3 en Gran Bretaña) e "We've Gotta Get Out of This Place" (nº2 en Gran Bretaña), á vez que editan o seu segundo álbum, ''Animal Tracks''.
 
En maio de 1965 o tecladista Alan Price deixa a banda por razóns persoais e de [[saúde]] (sobre todo, debido a un pánico atroz a voar) e pola loita polo liderado da banda entre el e Burdon. [[Dave Rowberry]] sería quen substituiría a Price nos teclados. Pero a situación do resto do grupo tampouco era moito mellor. Os compoñentes da banda empezaban a ter a sensación que a súa música se estaba transformando en algo demasiado comercial, debido principalmente ás esixencias de Mike Frost e da propia EMI Music. Por iso a inicios do [[1966]] rompen o seu contrato con EMI e con Frost, non sen antes deixar outro éxito como "It's my life", número 7 nas listas británicas e o 23 nas americanas.
 
En 1966, o grupo asina un contrato coa compañía de discos [[Decca/London Records]]. Pouco antes, en marzo, o batería John Steel deixaría o grupo e sería substituído por [[Barry Jenkins]]. De todas as maneiras, a saída de Steel sería un preludio do que pasaría pouco despois. Aínda que era certo que editaron o seu único disco con Decca, ''Animalism'' (xuño de 1966) e que paralelamente EMI lanzara os grandes éxitos da banda, que foi un dos máis vendidos da época, o grupo orixinario tan só sobreviviu á saída de Steel seis meses. The Animals disolvéronse en setembro de 1966.
 
En [[1967]] Eric Burdon intenta reformar a banda baixo o nome de Eric Burdon and The Animals. Tivo cancións de éxito moderado como "When I Was Young", "Monterey" e "San Franciscan Nights", dando un novo aire ao grupo en plena época da [[psicodelia]]. Este grupo formábano, á parte do propio Burdon, Barry Jenkins (batería), John Weider (guitarra e violín), Danny McCulloch (baixo) e Vic Briggs (guitarra). Unha formación que sufriría múltiples cambios a finais de [[1968]], cando Briggs e McCulloch abandonan a formación e foron substituídos por Zoot Money e polo guitarrista Andy Summers, integrante en anos posteriores do trío [[Police]]. En [[1969]] publicarían un dobre álbum chamado ''Love'', co seu último éxito "Sky Pilot (Primeira Parte)". Eric Burdon deu fin a esta banda a finais de 1969.
 
Os membros orixinais da banda volvéronse a reunir en [[1977]] para gravar ''Before We Were Xo Rudely Interrupted'' e en [[1983]] fixérono para os discos ''Ark'' e ''Rip It to Shreds''. En [[1994]] o grupo orixinario de The Animals entrou no Salón da fama do Rock and Roll. Pouco despois, en xullo de [[1996]], o baixista da primeira formación, Chas Chandler, faleceu.
 
Na década do 2000, Burdon deu a volta ao mundo cun grupo de músicos baixo o nome de Eric Burdon and the Animals. Durante os 90, Valentine, Steel e Dave Rowberry tamén fixeron xiras con (Hilton Valentine's) The Animals e Valentine e Steel co nome de Animals II.
Liña 86:
Retrospective (Recompilatorio, 2004)
 
{{ORDENAR:Animals}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Animals}}
[[Categoría:Grupos musicais do condado de Tyne e Wear]]
[[Categoría:Grupos musicais da década de 1960]]