Diferenzas entre revisións de «Maryland»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
'''Maryland''' é un dos 50 [[Estados dos Estados Unidos da América|estados]] dos [[Estados Unidos de América]]. Foi unha das [[Trece Colonias]] que se rebelaron contra o dominio [[Reino Unido|británico]] na rexión. O cognome do estado é ''Old Line State'', en homenaxe ás súas "tropas de liña" (''troops of the line''), que foron por varias veces eloxiadas por [[George Washington]] pola súa excelente actuación na [[Revolución Americana de 1776]].
 
Recibiu o seu nome en homenaxe á Raíña [[Henrietta María de Francia]], esposa do [[Rei]] [[Carlos I de Inglaterra]].
 
O actual himno dos Estados Unidos, ''[[The Star-Spangled Banner]]'', escribiuno [[Francis Scott Key]], un [[poeta]] que se inspirou ao ver as tropas americanas defendéndose con éxito dun ataque das tropas navais do Reino Unido (na época, a maior potencia militar do mundo) contra [[Baltimore]], na [[Guerra de 1812]].
Maryland está situado na [[Rexión Sur (Estados Unidos)|Rexión Sur]]. Limita ao norte con [[Pensilvania]], ao oeste con [[Virxinia Occidental]], ao leste con [[Delaware]] e o [[océano Atlántico]] e ao sur, separados a través do [[río Potomac]], con [[Virxinia]]. Próximo ao centro do estado, ás marxes do río Potomac, localízase a capital americana, o [[Distrito de Columbia]]. A [[Baía Chesapeake]] case divide o estado en dous, e contando que o [[río Susquehanna]] desemboca na baía, o estado efectivamente está dividido en dous.
 
A extensión do litoral de Maryland co océano Atlántico é de 50  km. Porén, contando a baía Chesapeake e as illas dentro da baía, este número aumenta ata os 5.134 quilómetros; a maior parte dos [[río]]s do estado desembocan na baía Chesapeake. Non existen [[lago]]s naturais, aínda que existan lagos artificiais, creados por [[encoro]]s coa intención de xerar [[electricidade]]; o maior deses lagos posúe 1.600 hectáreas. Cerca de 40 % do estado é cuberto por [[bosque]]s.
 
Maryland está dividido en cinco rexións xeográficas:
A temperatura máis baixa rexistrada foi en [[Oakland, Maryland|Oakland]], onde se deu unha mínima de -40 °C o [[13 de xaneiro]] de [[1912]]. A temperatura máis alta foi no [[Condado de Allegany]], o [[3 de xullo]] de [[1898]], e en [[Cumberland]] o [[10 de xullo]] de [[1936]], cando foron rexistradas máximas de 43 °C.
 
Maryland recibe en media preto de 1.090  mm de precipitación anual (choiva, saraiba), e preto de 1.980  mm de neve por ano.
 
== Historia ==
Maryland foi atacada dúas veces por tropas británicas durante a [[Guerra de 1812]]. Na primeira, os británicos, derrotaron en [[1813]] unha forza americana no norte do estado, para posteriormente proseguir en dirección á capital Washington DC, onde as tropas británicas queimaron diversas estruturas gobernamentais americanas. Estas mesmas tropas británicas proseguiron en dirección a [[Baltimore]], que foi cercada por terra e mar por forzas terrestres e navais británicas. Mais os americanos defenderon con éxito a cidade. [[Francis Scott Key]], un poeta afeccionado que testemuñara a defensa da cidade, inspirouse nas imaxes da batalla para escribir o actual himno americano, [[The Star-Spangled Banner]].
 
Baltimore tornouse un dos maiores centros industriais do país durante as primeiras décadas do [[século XIX]]. A cidade converteuse no maior fabricante de navíos durante a década de 1840 nos Estados Unidos, e tamén nun gran fabricante de [[tren]]s a vapor. Foi aquí onde foi construída a primeira [[locomotora]] a vapor americana. Porén, a economía do Estado aínda dependía en parte da [[agricultura]]. Maryland soportaba a práctica do [[escravitude|traballo escravo]].
 
Cuando en [[1861]] comezou a [[Guerra Civil Americana]], a poboación do estado estaba dividida. Moitos querían a secesión da Unión e a integración cos recentemente formados [[Estados Confederados de América]] -de cuño escravista-. Outros, pola súa parte, querían que o estado permanecese na Unión- os Estados do norte industrializado dos Estados Unidos, ou os Estados Unidos propiamente dito-, que estaban contra a escravitude.
A [[Gran Depresión]] afectou seriamente a economía do Estado. Moitas empresas fracasaron, moitas fábricas fecharon e moitos traballadores quedaron desempregados. [[Baltimore]], unha cidade basicamente industrial, foi moi afectada pola Depresión. En [[1933]], máis de 40 % da poboación da cidade estaba desempregada. Para minimizar os efectos da Depresión, o Estado creou programas de axuda social e construíu numerosos abrigos para aloxar os numerosos [[sen teito]] do Estado.
 
A economía do estado recuperouse co inicio da [[segunda guerra mundial]]. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migración da poboación rural cara as [[cidade]]s, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland converteuse nun estado maioritariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas seguintes. O estado tamén pasou a recibir grandes números de [[afroamericano]]s procedentes dos estados do Sur, que se instalaron principalmente en Baltimore. Como consecuencia, moitas familias brancas se mudaron de Baltimore ós suburbios próximos.
 
Ata [[1954]], as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afroamericanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era anticonstitucional. Baltimore unificou o seu sistema escolar inmediatamente, mais noutras cidades, menos poboadas e de poboación maioritariamente branca, a desegregación tardou moito máis tempo para alcanzalo, ata tres décadas nalgunhas pequenas cidades do interior.
* 2 % dúas ou máis etnias.
 
As cinco maiores orixes son: [[Alemaña|alemáns]] (15,7% da poboación do estado), [[Irlanda|irlandeses]] (11,7%), [[Inglaterra|ingleses]] (9%), [[Italia|italianositalia]]nos (6,8%) e [[Polonia|poloneses]] (6,2%). Os afroamericanos están concentrados principalmente en Baltimore e nos suburbios de Washington en Maryland. A maior parte do litoral oriental e do sur de Maryland está poboada por americanos de ascendencia inglesa. A poboación occidental e setentrional do Estado son na súa maioría de ascendencia alemá.
 
;Relixión
[[Ficheiro:CCBC ESSEX.JPG|250px|miniatura|Unha facultade comunitaria en Maryland.]]
 
Durante os anos en que Maryland era unha colonia do Reino Unido, apenas os fillos de familias ricas recibían educación da entón provincia colonial de Maryland, da Igrexa Católica ou de profesores privados, sendo que ambas as opcións estaban dispoñibles soamente aos que tiñan recursos para pagar estes titores relixiosos ou profesores privados. En [[1694]] fundouse a primeira escola pública do estado, convertida en [[facultade]] en [[1784]].
 
En [[1824]], o goberno de Maryland aprobou unha lei que obrigaba a calquera área urbana con máis de 250 habitantes a ter polo menos unha escola. O estado pasou a fornecer recursos ás cidades para que estas puidesen cubrir os custos de creación e manutención de sistemas de escolas públicas. En [[1870]], o estado instituíu o ''Consello Estatal de Educación'', que dita regras e patróns que os sistemas de educación pública han de seguir. Actualmente, como nos outros estados americanos, cada cidade - ou condado, no caso de áreas urbanas de menor porte - administra o seu propio sistema escolar.
 
As primeiras [[biblioteca]]s foron construídas en Maryland en [[1699]], cando un bispo católico mandou construír 30 bibliotecas relixiosas na provincia, e unha biblioteca central en [[Annapolis, Maryland|Annapolis]]. En [[1885]], [[Enoch Pratt]] comezou a construción dun sistema de bibliotecas en [[Baltimore]]. Doou de tales bibliotecas á cidade coa condición de que estivesen abertas para o público en xeral. Este sistema foi inaugurado o ano seguinte, sendo un dos primeiros sistemas de bibliotecas municipais públicas do país. Actualmente, a maioría das cidades do Estado posúen polo menos unha biblioteca.
A [[baía de Chesapeake]] foi desde os inicios da colonización europea da rexión un obstáculo natural ao transporte na provincia colonial de Maryland. No inicio do [[século XIX]], comezaron os primeiros servizos de [[Balsa (embarcación)|balsas]], barcos a vapor que viaxaban dunha marxe da baía á outra, transportando carga e pasaxeiros. En [[1829]], o ''Canal Chesapeake-Delaware'' foi inaugurado, conectando o [[río Delaware]] coa baía de Chesapeake.
 
En [[1828]], foi inaugurada a ''Baltimore and Ohio Railroad'', o primeiro [[ferrocarril]] do mundo en transportar carga e pasaxeiros nun único [[tren]]. O estado posúe máis de 48.000  km de [[estrada]]s. O [[Aeroporto Internacional de Baltimore]] é o principal [[aeroporto]] do estado.
 
No Estado publícanse preto de 125 [[periódico]]s, 15 deles [[xornal|xornais]], e máis de 450 revistas. A primeira liña de telégrafo do mundo foi inaugurada no estado en [[1844]], entre Baltimore e Washington DC. Actualmente, o estado posúe 15 estacións de [[televisión]] e preto de 100 estacións de [[radio (medio de comunicación)|radio]].
393.002

edicións