Diferenzas entre revisións de «Mustela»

m
→‎top: Arranxos varios
m (ligazón)
m (→‎top: Arranxos varios)
}}
 
'''''Mustela''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] da [[familia (bioloxía)|familia]] ''[[Mustelidae]]'', subfamilia ''[[Mustelinae]]''. Pertencen a este xénero o [[armiño]], [[furón]], o [[visón europeo]] e a [[donicela]]. O termo [[donicela]] pode referirse ao menor membro do xénero (''Mustela nivalis''), que se coñece simplemente como donicela, donicela común ou denosiña. O xénero posúe 16 especies existentes hoxe en día e 10 delas posúen a palabra ''donicela'' no seu nome común. Por outra banda, outros mustelinos (pertencentes tamén á subfamilia ''Mustelinae'' mais non ao xénero ''Mustela'') teñen un nome común composto coa palabra ''donicela'': donicela da Patagonia (''Lyncodon patagonicus''), donicela raiada do Sáhara (''Poecilictis lybica'') e a donicela de pescozo branco (''Poecilogale albinucha'').
 
Os compoñentes do xénero ''Mustela'' varían en lonxitude desde os 13  cm, no caso da donicela común ou donicela menor (''Mustela nivalis''), a uns 55  cm no caso do [[visón americano]] (''Mustela vison''). Algunhas especies de altas latitudes, coma o [[armiño]] (''Mustela erminea'') cambian no inverno a [[pelaxe]] a branca. Teñen corpos alongados, útiles para cazar as súas presas nos seus tobos. Usualmente, as súas colas son case tan longas coma o seu corpo. Como é habitual en pequenos carnívoros, as ''Mustela'' teñen reputación de intelixencia e astucia.
 
== Especies ==
393.002

edicións