Hugo van der Goes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 2:
'''Hugo van der Goes''', nado en [[Gante]], ca. [[1440]] e finado en [[Auderghem]], preto de [[Bruxelas]] en [[1482]], foi un pintor [[Flandres|flamengo]].
== Traxectoria ==
Van der Goes naceu en Gante, mais ignórase a data exacta, aínda que se ten suposto que arredor de 1430. Fontes documentais recollen que no ano [[1467]] foi inscrito na [[Gremio|confraría]] de pintores de [[Gante]] como mestre. Debeu gozar de respecto grande, porque a petición súa foron acollidos na confraría polo menos tres pintores; por outra banda chegou a ser decano da dita asociación entre [[1473]]–[[1474|4]] e o [[18 de agosto]] de [[1475]]. Con frecuencia foi contratado polo goberno da cidade como pintor de bandeiras e estandartes e doutras obras de carácter menor, máis necesarias nas cerimonias da época.
 
No [[1477]] retirouse, como frade leigo, ao mosteiro ''Roode Kloster'' (Cruz Rosada), preto de Bruxelas, onde morreu en [[1482]], logo dunha grave doenza mental.
== Obra ==
[[Ficheiro:Hugo van der Goes 010.jpg|miniatura|''Morte da Virxe'', Groeningemuseum, Bruxas]]
As primeiras informacións certas sobre Vander Goes sitúano en Bruxas no 1468, onde colabora na decoración para as festas en celebración da vodas do duque de Borgoña, Charles o Temerario.
 
Entre [[1476]] e [[1477]], executa para [[Tommaso Portinari]], representante dos Médici en Bruxas, o [[tríptico Portinari]]. É a súa obra máis célebre, sen dúbida, de grandes dimensións para a época (253 x 586  cm), e realizado case xa no final da súa carreira. Unha vez que o tríptico chegou a [[Florencia]] (onde se expón na actualidade na [[Galería Uffizi]]), exerceu unha enorme influencia sobre os pintores florentinos. [[Ghirlandaio]], [[Filippino Lippi]] e [[Leonardo da Vinci]], ademais doutros artistas, que estudaron a pintura como unha das primeiras obras mestras flamengas chegadas a Italia.
 
A pesar da sona da obra devandita, aínda en ámbito flamengo se conserva a extraordinaria ''Dormitio Virginis'' (Morte da Virxe), hoxe no [[Groeningemuseum]] de [[Bruxas]], revolucionaria polos seus escorzos, disposición de masas e penetración psicolóxica na representación das personaxes.